Sábado , 22 Julio 2017
pablo fernando
Pablo Fernando durante a súa presentación

A ADC Sagrado Corazón reinvéntase

 

A ADC Sagrado Corazón ven de anunciar unha aposta decidida polo traballo de canteira coa profesionalización do corpo técnico e que tamén terá repercusión esta tempada no conxunto afeccionado que non sairá a competir.

O club cambia o rumbo na busca de fomentar e impulsar o traballo de canteira, mellorando e buscando potenciar o traballo da súa escola. Un camiño que se presenta apaixonante, cheo de retos e de ilusións.

A entidade aposta por profesionalizar toda a súa estrutura deportiva e así incorporará a un Coordinador para a Escola, posto que recalará na persoa de Pablo Fernando, ex-técnico do Viveiro CF.

O técnico lucense Dani Díaz tamén se incorpora ó staff técnico asumindo a dirección de varios equipos, a preparación física de toda a Escola, o adestramento específico de porteiros de fútbol-8 así como o traballo de prevención, readaptación e recuperación dos xogadores lesionados do club.

Dani Díaz
Dani Díaz durante a súa presentación

Ademais destas dúas novas incorporacións seguirán formando parte como técnicos da Escola: Borja Figueras “Pipita”, Diego Anido, Jonathan Rodríguez “Jony”,  Santiago Fernández “Santi”, Andrés Arias “Rochela” e José Flores “Flores”.

O Primeiro equipo non competirá

Por outro lado a Xunta Directiva da entidade tomou a decisión de non inscribir ó equipo de Afeccionados na categoría de rexional esta próxima tempada, o equipo competía de novo na Primeira Autonómica, decisión moi consensuada e que toman de forma temporal en beneficio de poder potenciar o traballo de canteira e así ampliar o traballo de formación en todos os seus equipos de base de cara á mellora do seu proxecto social, deportivo e cultural enfocado ó futuro do club. Todo iso enmárcase dentro dun plan estratéxico que o club se marca de cara ó futuro así como dunha profunda remodelación de toda a área deportiva que xa se está a levar a cabo.

Check Also

As crónicas de Futbollucense.com

A non participación do Sacido unha das novidades para a 2016/2017

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …