Sábado , 22 Julio 2017
Os xogadores de Muimenta celebrando o último ascenso a Primeira Autonómica. | Imaxe: Facebook SD Muimenta

A casta de Muimenta

 

Muimenta é diferente. Abondáronme 6 meses entre eles para darme conta de que, como ben din, nunca están mortos, senon que moitas veces andan de parranda.

Hai agora pouco máis dun ano, con media liga xogada, o Muimenta era colista na Primeira Autonómica, só gañara un partido na primeira volta e era un fixo nas quinielas do descenso. Pois ao Muimenta sobroulle un partido da segunda volta para salvarse.

O exemplo do fútbol só é a punta dun iceberg que no medio da chaira debera ser exemplo para todo o mundo. A vida de Muimenta marcana os seus colectivos asociativos, e van todos a unha. En Muimenta fan unha das feiras de exposicións máis destacadas do sector primario en Galicia, hai festas de exaltación de produtos típicos, e outros colectivos recuperan os xogos tradicionais. Unha asociación de empresarios é pioneira en dinamizar a restauración local cos concursos de tapas que tan de moda están na actualidade, e un club de tenis organiza un dos poucos torneos amateurs da provincia…

En Muimenta a xente non agarda a que o político actúe. En Muimenta os veciños son os actores da película, e estes días, todos a unha, están librando a batalla para que non lles reduzan os horarios do seu centro médico. En Muimenta non están mortos, só están moi a miudo de parranda… pero só os sábados á noite. Os de Muimenta volven a demostrar agora, como o fixeron o ano pasado no fútbol, que son da casta que quero ser eu.

Check Also

Antonio Pérez, axude ao fútbol tamén sen cartos

 on. Nin os árbitros son como nenos, nin hai que darlle coscorróns para educalos. Nin …