sábado , 21 octubre 2017
Ferroviaria vs Matela
Ferroviaria vs Matela |Imaxe: admatela.blogspot.com

A Ferroviaria prepara o seu debut na Segunda Autonómica

 

Tras conseguir o ascenso a Segunda Autonómica na súa primeira tempada en competición a Ferroviaria xa traballa na confección do plantel para o seu debut na Segunda Autonómica. O conxunto dirixido por Carlos Nogueira pasa a ser filial da Milagrosa, o cadro de Madriles militará esta tempada na Preferente.

O conxunto lucense manterá o bloque da tempada pasada e incorpora a sete xogadores da Milagrosa, os xuvenís Manu Vila, Jordi, Juanjo e Nel chegan todos procedentes do conxunto xuvenil que competiu na Liga Galega da categoría. Diego Tejeda, Luisón e Quintana tamén competirán ás ordes de Carlos Nogueira. Tamén se incorpora o mediocentro Brian, que chega procedente do San Roque.

O plantel non está aínda pechado e podería completarse nas vindeiras horas con algunha incorporación máis e dar por pechado o apartado de altas.

Check Also

Juan Peón durante un encontro

A Primeira Autonómica 16/17 xa coñece o seu calendario

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …