Martes , 22 Agosto 2017
Tania Fente no Cerceda - Cultural Areas cos capitáns e o resto do trío arbitral.

A lucense Tania Fente dá o salto á arbitraxe internacional

 

A colexiada taboadesa Tania Fente Pena asubiará, aos seus 27 anos, o primeiro encontro internacional no que haberá unha árbitro feminina lucense.

Tania Fente será a segunda asistente da tamén española Marta Frías, que estará acompañada na outra banda por Rocío Puente. Dirixirán o encontro clasificatorio para o europeo entre Israel e País de Gales, que se disputará o martes 1 de decembro ás 14 horas na cidade israelita de Ramat Gan.

O encontro disputarase no estadio Nacional, con capacidade para 41.000 espectadores, e que adoita acoller os partidos da selección absoluta israelita.

Panorámica do estadio Ramat Gan. | Imaxe: Little Savage (wikipedia)
Panorámica do estadio Ramat Gan. | Imaxe: Little Savage (wikipedia)

Tania Fente é árbitro asistente na Segunda División B española. Pese á súa xuventude, é un dos principais referentes da arbitraxe lucense segundo os responsables arbitrais.

Check Also

Juan Peón durante un encontro

A Primeira Autonómica 16/17 xa coñece o seu calendario

 A FGF fixo público os diversos calendarios da Primeira Autonómica, os conxuntos lucenses están encadrados …