sábado , 21 octubre 2017
Justino nun partido co Vilalbés

A mellor fichaxe do Rácing Vilalbés

 

Justino nun partido co Vilalbés

O Rácing Club Vilalbés vén de confirmarlle a futbollucense.com a través do seu presidente, Francisco Ruíz, a renovación de Justino, un dos emblemas do equipo nas últimas campañas e que decidira abandonar o equipo ao final da última tempada.

 

Finalmente Justino recapacitou a súa decisión e volverá a vestir a camisola do club chairego unha campaña máis na Terceira División. O futbolista de 33 anos cumplirá a súa novena tempada consecutiva no Rácing Vilalbés.

Segundo puido saber futbollucense.com, Óscar Gilsanz tivo un papel chave nas negociacións para convencer a Justino de que non colgase as botas e seguise unha tempada máis en activo.

Coa renovación de Justino, e as incorporacións de Muíña, Dani García, Javi Rey, Javi Otero, Rubén Pardo, Xusto e Viuski o cadro da Magdalena apuntala a súa columna vertebral.

 

Check Also

Alberto Lamas “Make”

Make deixa o Vilalbés rumbo á SD Compostela

 O RC Vilalbés segue traballando na confección do plantel de cara a vindeira tempada, nestas …