sábado , 21 octubre 2017
albertito santa comba
Albertito (agachado, 3º pola dereita) nun encontro co Santa Comba

Albertito (Santa Comba): “Pódese pensar que deberíamos estar máis arriba”

 

Albertito tras comezar a tempada no Castro recalou no Santa Comba, conxunto que compite na Segunda Autonómica Sur. Prone, Comercial, Residencia, Castro en dúas etapas e Páramo son os outros conxuntos nos que militou.

A Xornada pasada victoria pola mínima ante o Antas, foi un encontro duro e complicado?
Foi moi complicado. Enfrontabámonos  co líder, un bo conxunto con boas individualidades e o partido foi moi igualado. Ter máis acerto foi chave para levarnos un partido que realmente puido caer de calquera dos dous lados, posto que o campo era moi pequeno e en calquera xogada se podía crear perigo.

Son xa dúas as xornadas consecutivas nas que non encaixades gol e sumastes os 6 puntos en xogo, está no mellor momento da tempada o equipo?
Penso que si. Estamos mellor plantados e máis compenetrados. Aínda nos queda moito traballo que facer e moito que mellorar pero creo que estamos en liña ascendente e no bo camiño.

Este fin de semana recibides ó Portomarín, conxunto que ocupa postos de descenso, que encontro agardades?
Nesta categoría tes que saír concentrado sempre e non te podes confiar contra ningún equipo. Pese a que o Portomarín está aí abaixo vai ser un encontro difícil e vamos ter que ser moi competitivos para sacar o resultado que queremos. De todas maneiras, se seguimos como a xornada pasada e no noso campo, confiamos en sacar o partido adiante.

Con estas dúas victorias consecutivas o equipo colocouse no medio da táboa, con que obxectivo partistes ó comezo de tempada?
Pois o obxectivo era quedar o máis arriba posible e non pasar apuros.

Comezaches a tempada no Castro para despois recalar no Santa Comba, que te levou a mudar de equipo?
Foron motivos laborais. Polo meu traballo non podía ir adestrar os 3-4 días á semana e así era moi difícil estar ó nivel dos meus compañeiros. Tiña que buscar un equipo que puidera adaptarse os meus horarios  e no que puidera ir adestrar asiduamente.

Que valoración fas do tempo que levas no Santa Comba?
A verdade e que estou moi contento. Hai un grupo magnífico, con moi bo ambiente dentro e fóra do campo. Ademais cada vez somos máis competitivos e ir sacando bos resultados tamén fortalece ó equipo.

Non es o único xogador que chegou de categorías superiores, José Ángel chegou para ocupar a portería tras toda unha vida no RC Vilalbés. Con estes nomes parece que o equipo debería pelexar por metas superiores?
Realmente é un luxo contar cun porteiro como Jose que é impresionante tanto nos partidos, como nos adestramentos e como compañeiro. Realmente pódese pensar que deberíamos estar máis arriba, pero despois todo iso hai que demostralo dentro do campo. Ese é o noso obxectivo.

Tras varios encontros xa disputados, que valoración fas da Segunda Autonómica?
Unha categoría moi igualada. Lonxe da casa tódolos partidos son aínda moito máis complicados e as diferencias poden estar no nivel de compromiso e adestramento que poidan ter os equipos.

Sorprendeute algún equipo, xogador..?
Houbo equipos que fixeron bos partidos contra nós e xogadores de categorías superiores que se lle ve moita calidade. Non sería xusto destacar algún por riba doutro.

Nun plano xa máis persoal, que buscas nestes momentos do fútbol?
Pois desfrutar o máximo posible da miña afección e daquilo co que levo vibrando e competindo desde que teño 8 anos.

Fíxaste algún tipo de reto para esta tempada?
Simplemente facelo o mellor posible para axudar ó equipo a estar o máis arriba que poidamos.

Check Also

Juan Peón durante un encontro

A Primeira Autonómica 16/17 xa coñece o seu calendario

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …