sábado , 21 octubre 2017
Álvaro Barja, futbolista do Viveiro. | Imaxe: perrobarrenhovello.blogspot.com

Álvaro Barja (Viveiro): “Non hai outro obxectivo agora que a permanencia”

 

Álvaro Barja (1981) é un dos xogadores referentes na parcela defensiva do Viveiro CF. Analizou para futbollucense.com a siutación do seu equipo e as expectativas que agarda para as próximas semanas.

O Viveiro non está rendendo como se agardaba, polo menos a nivel de resultados, ¿que debe cambiar o equipo para mudar a situación?

A verdade é que internamente sabiamos que con respecto ao ano pasado o equipo se debilitou moito. Perdemos xogadores moi importantes e en posicións chave, por iso os obxetivos que tiñamos marcados eran máis humildes que os do ano pasado. Aínda así, pensamos que a competición está sendo inxusta con nós. Deberiamos levar algúns puntos máis polo visto nos partidos, se ben o da Cheda foi o peor partido da tempada.

Na última xornada perdestes claramente coa Residencia. ¿Foi un partido tan desigual como di o marcador?

Volvendo ó partido da Cheda, o certo é que non comezamos mal. Plantámonos ben no campo, aínda que a superficie non nos resulta cómoda. Pero o gol fíxonos moito dano. E encaixamos demasiado pronto o segundo, non nos deu tempo a reaccionar. Máis tendo en conta que a balón parado estabámonos mostrando moi seguros no que ía de tempada.

¿Que cambiou na forma de adestrar e preparar a fin de semana con Gayol?

Máis ou menos é un traballo continuísta. Gayol está insistindo na agresividade e na necesidade da presión tras perder o balón. Pero tamén é certo que tanto Pablo Iglesias como Gayol se atoparon cun plantel moi curto. E iso condiciona o traballo da semana.

É preocupante a falta de gol que tedes con nomes chamados a marcar as diferenzas na categoría. ¿Non se xeran ocasións ou é cuestión de sorte?

Si que somos capaces de xerar ocasións de gol. De feito excepto no partido da Cheda, que non fomos capaces de crear, no resto de partidos si que tivemos opcións de marcar en todos. De todas formas, Felipe Varela aínda se acaba de recuperar dunha lesión e Erni acaba de chegar ó equipo e aínda precisa coller a forma. Penso que é máis unha cuestión de sorte. En canto sexamos capaces de soltar un pouco a presión que temos enriba seguro que vamos ser máis efectivos.

Xogades coa Sarriana un partido que pode marcar o voso rumbo. ¿Como agardas o encontro?

O partido contra a Sarriana vai ser difícil. Coma calquera desta liga. Vemos unha competición moi igualada donde calquera puntúa contra calquera. O rival tén xogadores importantes como poden ser Mundin, Marino, Isma… Coñezo a Fiz e sei que van ser intensos e que nos van poñer as cousas complicadas.

¿Debe replantexar o Viveiro os obxectivos?

No tema dos obxetivos xa dixen antes que era máis un tema externo. Nos somos conscientes de que o primeiro que temos que facer é cambiar a dinámica de resultados e pensar en alcanzar os necesarios para a salvación. Non hai outro obextivo agora mesmo.

A nivel persoal, ¿Como te estás sentindo?

A nivel persoal estou xogando habitualmente. Así que contento nese aspecto. Pero sen embargo, supoño que como o resto do grupo, cun pouco de ansiedade de cambiar o rumbo e poder demostrar que temos equipo para estar máis arriba.

Check Also

Juan Peón durante un encontro

A Primeira Autonómica 16/17 xa coñece o seu calendario

 A FGF fixo público os diversos calendarios da Primeira Autonómica, os conxuntos lucenses están encadrados …