Sábado , 22 Julio 2017
Andrés Bouza e Antonio Lombardero
Andrés Bouza e Antonio Lombardero

Andrés Bouza súmase ao proxecto do Sporting Pontenova

 

Se fai uns días anunciaba a continuidade de Dani Moirón, agora é o turno da primeira fichaxe do Sporting Pontenova  para a campaña 2016-2017, trátase de Andrés Bouza, mediocentro procedente do Ribadeo Fútbol Club.

Andrés Bouza Cerecedo, xa pertencía ao cadro da Mina como adestrador do equipo Xuvenil dende fai dúas tempadas, e agora vai cumprir unha das súas ilusións, xogar con rapaces que adestrou e formou no equipo xuvenil.

Deportivamente, levaba 4 tempadas, esta última exerceu como capitán, do Ribadeo F.C. en Terceira División, a onde chegara procedente do Betanzos tamén de Terceira División. Anteriormente pertenceu a disciplina do C.D. Castro na Rexional Preferente.

O Sporting Pontenova, que conseguiu renovar ao 90% do plantel da pasada tempada, máis dous xogadores do equipo xuvenil que soben ao primeiro equipo, Christian Nabriga e Borja Lombardero, sela agora esta fichaxe que  chega ao cadro gualdinegro con 33 anos, para intentar darlle un salto de calidade ao equipo de Dani Moirón, e axudar desta forma a consolidar ao equipo na categoría e colaborar ao crecemento do mesmo coa súa experiencia.

Check Also

Fiz Rodríguez durante un encontro

A Preferente xa ten calendario

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …