Sábado , 22 Julio 2017
Donato adestrador
Donato deixou o banco de Cantarrana (Facebook Viveiro - Sport)

¡Ano novo, adestrador novo!

 

O recen estreado 2016 comeza con moitas novidades nos bancos dos conxuntos lucenses, especialmente nos da Rexional Preferente. Viveiro, Castro e Lemos mudaron de adestrador nos últimos días.

Vilachá deixa o Ribadeo tras 7 anos

O último movemento produciuse coa marcha de Manolo Vilachá do Ribadeo, logo de 7 anos no club o técnico deixou de pertencer esta semana ó Ribadeo, o seu posto xa ten novo ocupante, Fiz, que conformará tándem técnico con Germán.

A marcha de Fiz cara Ribadeo trouxo outro movemento obrigado, o Pastoricense pechou a incorporación de Víctor López para o seu banco. O que fora integrante do corpo técnico do Castro a tempada pasada conta tamén cunha ampla traxectoria como xogador no fútbol lucense.

Castro, Viveiro e Lemos mudan de adestrador

Máis sorprendente foi a marcha de Marcos Veiga do Castro, cando menos a nivel de resultados todo parecía marchar ben para o conxunto vermello, co equipo asentado na parte alta da clasificación o técnico presentou a súa dimisión e xa non estivo presente na victoria en Laracha por 2-3. Iván que se incorporou esta tempada ó cadro técnico para traballar cos porteiros é o novo adestrador. Na súa bagaxe a súa longa estadía no banco do Cospeito.

Poucas horas antes era Donato, a fichaxe mediática do Viveiro, o que presentaba a súa dimisión, obrigada iso si, segundo a versión do técnico. Declaracións cruzadas, reproches e quizais pouca autocrítica foi o que deixaron os días posteriores no cadro celeste. Entre tanto o equipo viaxou a Arzúa e caeu derrotado por 4-3. Esta xornada recibe ó Lemos nun novo derbi provincial no que o Viveiro podería estrear novo técnico. Pepete parece ser a opción elixida.

O colofón a este axitado comezo de ano nos bancos lucenses chega dende Monforte, unha vez máis o Lemos veuse envolto nun desagradable e case surrealista espectáculo. Martín Murado e o seu corpo técnico presentaron a súa dimisión polas inxerencias de Antonio Pérez, presidente da entidade, nas alineacións e convocatorias. Miki López foi o escollido para ocupar o banco lemista e fixo con bo pe goleando O Val na Pinguela.

Check Also

Alberto Lamas “Make”

Make deixa o Vilalbés rumbo á SD Compostela

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …