Sábado , 22 Julio 2017
Antonio Pérez, presidente do Lemos (dereita) | Imaxe: Facebook Club Lemos

Antonio Pérez, axude ao fútbol tamén sen cartos

 

Non. Nin os árbitros son como nenos, nin hai que darlle coscorróns para educalos. Nin vostede é o seu pai. Nin tén dereito a burlarse do organismo que nos aglutina a todos os futbolistas do país. Nin Carlos Mouriz nin o CD Lugo creo que teñan ningún interese en perxudicar ao seu club. No único que concordo con vostede é no chiste de sanción que lle puxeron, pero respéctoa. Señor Antonio Pérez, admita o erro, pida disculpas e traballe de verdade polos valores que se deben transmitir no deporte e por deixar á altura que como institución se merece o Lemos.

Permítame dicirlle, señor Pérez, que o que o seu club se está gañando co esforzo e bo facer no campo a nivel deportivo, estao emborrallando vostede, e con merda ben fedorenta, dende o despacho e coas súas declaracións chulescas e saídas de ton nos medios de comunicación. Terá moitos cartos, e salvaría ao Lemos da desaparición, non o dubido. É de admirar que unha persoa decida gastar unha parte do seu diñeiro axudando ao equipo do seu pobo para que se labre un nome no panorama futbolístico galego.

Pero, créame, a mellor forma de que os socios da súa entidade e veciños de Monforte se sintan orgullosos do seu club é dando exemplo de bo facer, deixando amigos en todas as vilas que visita e que en todos os lugares recorden ao Lemos pola súa deportividade e o seu exquisito trato con todos os estamentos deportivos.

Check Also

¿Cerebro de balón?

 sta semana lin unha entrevista a Cristian Álvarez, porteiro do Rayo Vallecano, na que lle …