sábado , 21 octubre 2017
Un intre do S. Corazón - Valadouro. | Imaxe: facebook Sagrado Corazón

As defensas impóñense nas Gándaras

 
0Sagrado Corazón: Borja, Candal, A. Varela, Rai, Leandro, Pisos, Romi, Anido, L. Martín, Gómez e Borja. Tamén xogaron Jorge, Jordi e Joel.
0Valadouro: David, Isaac, Mario, Carlos, Víctor, Diego, Joao, Suso, Manolo, Copete e Cándido. Tamén xogaron Juan Pablo, Karri e Adrián.

O Sagrado Corazón e o Valadouro igualaron sen goles nas Gándaras nun partido no que as defensas de ambos equipos se impuxeron ós ataques.

Segundo Mourelos, preparador do Sagrado Corazón “o partido foi igualado, donde se impuxo sempre o bo sistema defensivo do Sagrado diante dun Valadouro con xogo moi directo e intenso. Tiveron unha ocasión clara no minuto 60. Nós unha chegada de Gómez que só diante do porteiro rematou ás súas lubas. Resultado xusto entre dous equipos ben ordenados”.

Pola súa banda, José Manuel, adestrador do Valadouro destacou que “as mellores ocasións foron para o Valadouro. Manolo tirou ao poste. Borja fixo dúas boas paradas ante Copete, e Isaac tivo unha só na área pequena. A única do S. Corazón, unha contra pola banda dereita”.

Mourelos suma 4 de 6 puntos nos dous encontros que leva dirixindo ao S. Corazón e o Valadouro encadea tres empates a 0 seguidos e 3 dos últimos 15 puntos en xogo. O cadro amarelo non encaixou gol en 6 dos últimos 8 encontros e non conseguiu marcar en 5 deles.

Polo S. Corazón destacaron L. Martín (3), A. Varela (2) e Pisos (1). No Valadouro os mellores foron Suso (3), Copete (2) e Isaac (1).

Check Also

As crónicas de Futbollucense.com

A non participación do Sacido unha das novidades para a 2016/2017

 Coa finalización das fases de ascenso os conxuntos lucenses xa saben en que categoría competirán …