Sábado , 22 Julio 2017

José Manuel Lorenzo

A Primeira Autonómica 16/17 xa coñece o seu calendario

Juan Peón durante un encontro

 A FGF fixo público os diversos calendarios da Primeira Autonómica, os conxuntos lucenses están encadrados no Grupo 3 e comezarán a competición o primeiro fin de semana de setembro. A liga rematará o catorce de Maio. A tempada preséntase moi aberta e xa deparará encontros moi interesantes na primeira xornada, Xove-Lago vs Monterroso e Milagrosa vs Valadouro son unha boa …

Ampliar »

A Preferente xa ten calendario

Fiz Rodríguez durante un encontro

 Os conxuntos lucenses xa coñecen o calendario da nova tempada na Preferente. Dos sete conxuntos da provincia, seis comezarán a competición como locais, o Escairón será o único que comece a domicilio rendendo visita ao Ribadeo, no que é o primeiro derbi do campionato. O conxunto de Alberto López repetirá derbi lucense na segunda xornada, a Sarriana será o seu …

Ampliar »

Make deixa o Vilalbés rumbo á SD Compostela

Alberto Lamas “Make”

 O RC Vilalbés segue traballando na confección do plantel de cara a vindeira tempada, nestas últimas horas confirmouse a marcha dun dos xogadores de maior proxección do noso fútbol, “Make” fai as maletas para defender as cores dun dos históricos do fútbol Galego, a SD Compostela. Alberto Lamas “Make”,  mediocentro de 25 anos era un dos referentes do Rácing Vilalbés, …

Ampliar »

A non participación do Sacido unha das novidades para a 2016/2017

As crónicas de Futbollucense.com

 Coa finalización das fases de ascenso os conxuntos lucenses xa saben en que categoría competirán na tempada 2016/2017, a expensas de posibles variacións se hai algunha baixa os conxuntos lucenses quedarán repartidos do seguinte xeito: Liga Adelante: CD Lugo Terceira División: RC Vilalbés e CD Castro (Ascendido) Rexional Preferente: Ribadeo (Descendido), Viveiro, Lemos, SD Chantada, Sarriana, Atlético Escairón (Ascendido) e …

Ampliar »

Presentado o balón oficial da FGF para a tempada 2016/2017

Balon oficial para a tempada 2016/2017

 A tempada 2016/2017 estreará unha importante novidade, todas as competicións oficiais disputaranse co balón oficial da FGF. Despois dun proceso selectivo o ente federativo presentouno na I Gala do Fútbol Galego. O modelo Nike Premier Team FIFA será o modelo para a Preferente Galicia, Primeira Autonómica, Liga Galega Xuvenil, Cadete e Infantil , a División de Honra Cadete e a …

Ampliar »

Andrés Bouza súmase ao proxecto do Sporting Pontenova

Andrés Bouza e Antonio Lombardero

 Se fai uns días anunciaba a continuidade de Dani Moirón, agora é o turno da primeira fichaxe do Sporting Pontenova  para a campaña 2016-2017, trátase de Andrés Bouza, mediocentro procedente do Ribadeo Fútbol Club. Andrés Bouza Cerecedo, xa pertencía ao cadro da Mina como adestrador do equipo Xuvenil dende fai dúas tempadas, e agora vai cumprir unha das súas ilusións, …

Ampliar »

O Sporting Pontenova aposta pola continuidade

Dani Moirón

 Dani Moirón, continuará unha tempada máis como adestrador do primeiro equipo do Sporting Pontenova. Afrontará deste xeito a súa 8ª Tempada aos mandos do primeiro equipo da entidade gualdinegra, que dirixe dende a campaña 2009-2010. Co obxectivo claro da salvación durante estes anos pasados e o de consolidar ao equipo na categoría, obxectivos que o técnico cumpriu con creces, refrendados …

Ampliar »

O Valadouro xa ten a súa “MCJ”

Manolo, Celes e Jandri

 Julio Castro tomou as rendas do Valadouro, chega ao conxunto do Árbol tras unha notable etapa na Candelaria. As novidades na parcela técnica non son as únicas, no cadro de xogadores hai numerosas e importantes novidades. Ata oito xogadores se incorporan ao club, que militará unha tempada máis na Primeira Autonómia, un importante número de chegadas eclipsadas pola chegada de …

Ampliar »

Kiko Rey dá o salto

Kiko Rey

 Tras unha dilatada carreira coma xogador e tras traballar na base nos últimos anos, Kiko Rey dá o salto aos banquillos do fútbol afeccionado, concretamente ao do Xove-Lago, no cal substituirá a Pichi. Así xurde A posibilidade de adestrar deuse porque xa levo traballando nas categorías inferiores do Xove, ademais das da ACD de Xove cos alevíns. Ata agora nunca …

Ampliar »

Suso Martínez marcha agradecido

Suso Martínez

 Tras dúas tempadas no conxunto da Marosa, Suso Martínez, puxo punto e final á súa estadía no banco do Burela. Faino agradecido á directiva por a oportunidade dada e xa pensando no seu futuro máis inmediato. Moi agradecido se mostra Suso Martínez pola oportunidade que lle brindou o Burela, conxunto que, na súa opinión “é un dos mellores e máis …

Ampliar »