Sábado , 22 Julio 2017

Fútbol Base

A ADC Sagrado Corazón reinvéntase

pablo fernando

 A ADC Sagrado Corazón ven de anunciar unha aposta decidida polo traballo de canteira coa profesionalización do corpo técnico e que tamén terá repercusión esta tempada no conxunto afeccionado que non sairá a competir. O club cambia o rumbo na busca de fomentar e impulsar o traballo de canteira, mellorando e buscando potenciar o traballo da súa escola. Un camiño …

Ampliar »

Roberto Trashorras apadriña o campus do Rácing Vilalbés

 O Rácing Club Vilalbés celebrará o seu primeiro Campus de Fútbol con Roberto Trashorras como padriño. O futbolista de Rábade e outros xogadores profesionais visitarán os rapaces participantes, que poderán disfrutar do deporte rei e doutras actividades de ocio e tempo libre, ponencias sobre deporte e charlas sobre regras de xogo ou nutrición. O campus terá lugar en Vilalba en …

Ampliar »

Xornada frenética e clave na Liga Galega xuvenil

 No grupo Sur o Calasancio pode proclamarse campión e no Norte Lugo B e Vilalbés xóganse as súas opcións de ascenso. Tras confirmar o salto de categoría o Calasancio á Liga Nacional, os de David Páez poden cantar o alirón o próximo sábado ante o Barbadás. Para conseguilo os de David Páez deben igualar o resultado do Colegio Hogar. Pola …

Ampliar »

Dominio da mariña na xornada inaugural da segunda fase

 Viveiro e Ribadeo iniciaron a segunda fase xuvenil con senllas vitorias ante os equipos que se clasificaron do grupo Sur, Becerreá e Polvorín respectivamente. O Ribadeo é o primeiro líder na loita polo título provincial despois de impoñerse con moita autoridade en Montirón ao Polvorín por un gol a catro, mentres que o Viveiro tivo máis complicacións para sumar os …

Ampliar »

A División de Honra xuvenil volverá facer escala en Lugo

 O Lugo selou a permanencia na máxima categoría do fútbol base a pesar de perder por tres goles cero ante o Val Miñor esta pasada xornada. A falta de tan só dúas xornadas para o final da competición, os de Ramiro Amarelle contan con sete puntos de vantaxe sobre o Porriño, conxunto que nestes momentos marca o corte co descenso, …

Ampliar »

Foz, Monforte e Sarria acollerán a IV Copa Deputación de fútbol base

 128 equipos de categorías inferiores, prebenxamín, benxamín, alevín, cadete e xuvenil, de 35 clubes da provincia, acudirán a unha das citas deportivas con máis participantes na Provincia de Lugo   A competición comezará os días 31 de marzo e 1 e 2 de abril en Foz, no Campo Municipal, onde competirán as categorías xuvenil e cadete; continuará o 3 de …

Ampliar »

Polvorín e Milagrosa B cantaron o alirón na última xornada

 O Becerreá acompañará aos de Montirón na segunda fase na que se medirán co Ribadeo e o Viveiro polo título provincial, mentres que en infantíns os de Suso Vázquez xogaránse o provincial co Polvorín, Vilalbés e Foz. A última xornada na Liga Autonómica xuvenil empezou o venres co encontró que se tivo que repetir entre o Monterroso e o Becerreá, …

Ampliar »

A SD Ribadeo campión do grupo Norte xuvenil. O grupo Sur segue ao roxo vivo

 A SD Ribadeo levouse o título zonal despois de impoñerse ao Viveiro na última xornada nun duelo directo no que estaba en xogo o reinado do grupo Norte. Ambos os dous equipos xa tiñan asegurada a súa presenza na segunda fase na que estará en xogo o título provincial e as dúas prazas de promoción de ascenso á Liga Galega …

Ampliar »

O CD Lugo B campión, Rácing Vilalbés e Foz á segunda fase

 A Liga Autonómica Note xa ten dono e ese é o Lugo B que tras impoñerse ao Castro na última xornada se proclamou campión nas Gándaras. Os capitalinos renunciaron a pasada semana a disputar a segunda fase polo que deixan vía libre a Rácing Vilalbés e Foz de cara ao título Provincial que se xogarán coa Milagrosa B e a …

Ampliar »

Foz e Rácing Vilalbés a expensas dá decisión do Clube Deportivo Lugo

 O conxunto capitalino segue sen despexar as dúbidas de forma oficial sobre a súa participación na segunda fase da Liga na que estará en xogo o título provincial infantil e as dúas prazas de promoción de ascenso á Liga Galega infantil. Os dous primeiros clasificados da Liga regular de cada un dos dous grupos clasifícanse para a segunda fase, na que …

Ampliar »