lunes , 25 septiembre 2017

Terceira Galega

Make deixa o Vilalbés rumbo á SD Compostela

Alberto Lamas “Make”

 O RC Vilalbés segue traballando na confección do plantel de cara a vindeira tempada, nestas últimas horas confirmouse a marcha dun dos xogadores de maior proxección do noso fútbol, “Make” fai as maletas para defender as cores dun dos históricos do fútbol Galego, a SD Compostela. Alberto Lamas “Make”,  mediocentro de 25 anos era un dos referentes do Rácing Vilalbés, …

Ampliar »

A non participación do Sacido unha das novidades para a 2016/2017

As crónicas de Futbollucense.com

 Coa finalización das fases de ascenso os conxuntos lucenses xa saben en que categoría competirán na tempada 2016/2017, a expensas de posibles variacións se hai algunha baixa os conxuntos lucenses quedarán repartidos do seguinte xeito: Liga Adelante: CD Lugo Terceira División: RC Vilalbés e CD Castro (Ascendido) Rexional Preferente: Ribadeo (Descendido), Viveiro, Lemos, SD Chantada, Sarriana, Atlético Escairón (Ascendido) e …

Ampliar »

¡Ano novo, adestrador novo!

Donato adestrador

 O recen estreado 2016 comeza con moitas novidades nos bancos dos conxuntos lucenses, especialmente nos da Rexional Preferente. Viveiro, Castro e Lemos mudaron de adestrador nos últimos días. Vilachá deixa o Ribadeo tras 7 anos O último movemento produciuse coa marcha de Manolo Vilachá do Ribadeo, logo de 7 anos no club o técnico deixou de pertencer esta semana ó …

Ampliar »

Diego López reforza a portería do RC Vilalbés

diego lópez

 O RC Vilalbés segue apuntalando o seu plantel, Diego López, chega procedente do Cerceda para cubrir a portería do cadro chairego. Nado en Cambre conta cunha ampla bagaxe no fútbol galego, entre outros pasou polas filas de Betanzos, Montañeros e Cerceda. Compartirá responsabilidade con Viuski que xa confirmara a súa continuidade no club. Actualmente Duarte, aínda en idade xuvenil, está …

Ampliar »

Andrés Vidal novo reforzo para o Vilalbés

andrés vidal

 O RC Vilalbés anunciou a incorporación de Andrés Vidal, o defensa madrileño chega procedente do Somozas onde competiu a tempada pasada no grupo I da Segunda B. Na que foi a súa primeira tempada no fútbol galego, Andrés Vidal disputou once encontros co Somozas, colaborando na histórica tempada do conxunto galego na Segunda B. Con anterioridade militou no Fútbol Alcobendas …

Ampliar »

Máis Andrés Bouza para o Ribadeo FC

Andrés Bouza

 O Ribadeo FC vén de confirmar a renovación de Andrés Bouza, un dos principais puntais do equipo celeste no centro do campo nas últimas tempadas. O xogador de Riotorto cumplirá así a súa cuarta tempada no conxunto do Pepe Barrera, co que disputou 28 encontros a pasada campaña, 24 deles como titular.  Andrés Bouza non puido disputar o último tramo …

Ampliar »

Roberto Trashorras apadriña o campus do Rácing Vilalbés

 O Rácing Club Vilalbés celebrará o seu primeiro Campus de Fútbol con Roberto Trashorras como padriño. O futbolista de Rábade e outros xogadores profesionais visitarán os rapaces participantes, que poderán disfrutar do deporte rei e doutras actividades de ocio e tempo libre, ponencias sobre deporte e charlas sobre regras de xogo ou nutrición. O campus terá lugar en Vilalba en …

Ampliar »

Santi: “Motiva verse no alto da táboa de pichichis con Changui”

 Santi, dianteiro do Ribadeo FC, é o máximo goleador da Terceira División. O futbolista do cadro mariñán suma 9 goles en 13 xornadas. Segundo lle relatou o xogador aos compañeiros de La Voz de Galicia en A Mariña, o xogador considera a súa xeira goleadora como algo excepcional. Con todo, confesa que o motiva verse no máis alto da táboa …

Ampliar »

O Rácing Vilalbés atragoouse en Sanxenxo

 O Vilalbés non puido traer nada positivo de Sanxenxo nun partido no que os de Óscar Gilsánz apostaron polo fútbol de contraataque, que non lles deu o seus froitos. Jonathan enviou ao longueiro para os locais nos primeiros minutos e Ramón adiantou ao Xuventú aos 35 minutos cun remate de cabeza no segundo pau. Tamén marcou coa testa Hugo, que …

Ampliar »

O Ribadeo FC non baixa da boa onda

 O Ribadeo FC segue no máis alto da Terceira División. Os de Vilachá e Germán sacaron adiante o seu partido ante o Boiro no treito final tras remontar un 0-2. Armental e Añón adiantaron aos barbanzáns aos 15 minutos. Pouco despois Miguel Gomes recurtou distancias tras unha boa acción de Koki e Santi empatou xa na segunda metade dende o …

Ampliar »