Sábado , 22 Julio 2017
Esteban Granero compatibilizou o fútbol ao máximo nivel coa carreira de Psicoloxía | Imaxe: uefa.com

¿Cerebro de balón?

 

Esta semana lin unha entrevista a Cristian Álvarez, porteiro do Rayo Vallecano, na que lle preguntaban por cousas alleas ao fútbol. É un tipo normal: vai en metro adestrar, sae ao teatro, a concertos e le libros…Si, ¡le libros!

Canto farían pola cultura e pola xente nova Cristiano e Messi saíndo na televisión cun libro debaixo da man, ou empregando nas roldas de prensa argumentos dos grandes pensadores da nosa civilización…Van a África sacarse a foto con nenos pobres doando unha parte ínfima do que gañan a ONGs, pero non son quen pese á influencia que teñen sobre a xuventude do país, de convencer aos mozos de que deben formarse e de que son o motor que pode cambiar o podre e carente de valores sistema no que vivimos.

Entendo que Messi e Cristiano sexan ídolos globais de moitos de nós. Ao fin e ao cabo son os actores principias desa épica contemporánea chamada fútbol. Pero non nos enganemos, o balón faranos felices uns anos e provocará en nós emocións. Incluso, aos que lle deades con máis tino, vos fará ricos, pero a gran riqueza é a que queda para sempre dentro.

Paréceo, pero non hai nada que impida xogar ao fútbol e estudar ou ler. É máis, aqueles para os que o fútbol ocupa o 100% da súa vida deberan saber que Maradona e Pelé tamén colgaron as botas e tiveron que escoller un camiño. Nas nosas mans está enfialo dende mozos.

Check Also

Antonio Pérez, axude ao fútbol tamén sen cartos

 on. Nin os árbitros son como nenos, nin hai que darlle coscorróns para educalos. Nin …