sábado , 21 octubre 2017
xermade vs santaballés
Xermade vs Santaballés | FP

Chungy guía ó Xermade ante o Riotorto

 
0 Riotorto: Carlos, Gene, Lourido, Román, Manolo, Iago, Christian, Carlos, Iván Seco, Corgo e Rubén Rey. Tamén xogaron Chechu, Neira e Hugo Méndez.

2 Xermade: Iván Parapar, Esteban, Hugo, Xavi Pellón, Borja, Toni, Pedro, Rubén, Chungy, Junior e Néstor. Tamén xogaron Iván, Justo e Bruno.

g0-1 (min. 3) Chungy. 0-2 (min. 44) Chungy.

gRiotorto: Carlos (3) Román (2) Hugo Méndez (1) Xermade: Chungy (3) Pedro (2) Rubén (1)

Dous tantos do dianteiro do Xermade, Chungy foron demasiado lastre para un Riotorto que perde a primeira posición tras esta derrota.

O Xermade realizou un encontro moi serio e baseado nunha gran labor defensiva e cun gran despregue no medio do campo conseguiu maniatar a un Riotorto que tivo moitos problemas para xerar perigo.

Dúas accións persoais de Chungy no comezo e remate da primeira metade ían dar lugar ós dous tantos do Xermade, o dianteiro suma xa dez tantos no que vai de campionato e volveu ser providencial para o seu equipo.

Na segunda metade o Riotorto intentouno e tivo certa melloría aínda que non foi quen de conseguir anotar un tanto que o metese de cheo no encontro, tras esta derrota o conxunto de Labrada perde a primeira posición na táboa en favor do Santaballés.

Check Also

santaballés vs goiriz

O Santaballés salva un punto na Mina sobre a campá

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …