sábado , 21 octubre 2017

Cousa de tres a Segunda Sur

 

Comezou a segunda volta na Segunda Sur e as cousas pouco variaron na zona alta.

O Antas venceu cun marcador enganoso ó Guntín no Castro Seoane. O conxunto celeste continúa líder con 37 puntos, sete máis que o Rubián que agora é terceiro. O tanto inicial de Martín abriu o marcador para os de Adrián Vázquez pero o Guntín vendeu moi cara a súa pel ata que quedou con 10 pola expulsión de Yago. Con inferioridade numérica o equipo de Cascales veuse abaixo e encaixou dous tantos máis de Cristian e de Costa.

A postos de ascenso chegou o Chantada B de Juan que leva cinco victorias e un empate nos últimos seis encontros. O filial suma 32 puntos, dous máis que o Rubián e cinco menos que o Antas. Tara foi o gran protagonista da xornada con seu póker de tantos nun partido que foi realmente cómodo para os locais ante un Paradela que seguirá colista unha semana máis con 10 puntos a seis da salvación. Carlos en propia porta foi o que rompeu o marcador á beira do descanso para o Chantada B nun partido que a pesar de ser dominado polos vermellos non atoparon o premio do gol ata esta xogada desafortunada. Na segunda parte o recital do ariete chantadino Tara cos seus catro tantos deixou o marcador no definitivo 5-0.

O Rubián non acaba de superar o bache e a pesar de que leva seis partidos sen perder so un foi vencido e os outros remataron todos en empate. O Palas foi o que levou un punto do Poste que aínda así o mantén antepenúltimo en posición de descenso por arrastre. O Palas adiantouse no marcador por medio de Chorén na primeira parte pero o apretón do Rubián fixo que empatase na segunda parte por medio de Iván Cid. Cando o partido esmorecía chegaba o tanto de Marcos Senande para o Palas no minuto 89 que parecía definitivo pero un erro nun saque de esquina do Palas fixo que Rodri fixese o definitivo 2-2 e que salvase un punto sobre a bocina do Rubián.

Check Also

Fiz Rodríguez durante un encontro

A Preferente xa ten calendario

 Os conxuntos lucenses xa coñecen o calendario da nova tempada na Preferente. Dos sete conxuntos …