sábado , 21 octubre 2017

A cousa empeza a aclararse por arriba e por abaixo

 

A xornada na Segunda Sur deixanos a cousa un pouco aclarada por arriba e por abaixo.

Por arriba parece que Antas e o gran beneficiado da xornada porque segue sumando e xa ten dous partidos de marxe para o ascenso mentres que Chantada B, Rubián e Chantada Atlético parecen os únicos que aguantan o trebón. Por abaixo, Portomarín e Paradela parecen condenados e Ferreira, a pesar do seu bo xogo, continúa gafado e en descenso. Guntín, Comercial, Palas e Castroverde parece que terán que continuar a facer os seus deberes se non queren pasar apuros ó final.

 

CRONICA DA SEGUNDA:
Victoria do Chantada B no Baliño ante un Ferreira fallón. O equipo local complícase a vida e ocupa postos de descenso con 18 puntos, un menos que o Guntín e dous menos que a Comercial. O Chantada B, pola súa banda, aproveita o picazo do Rubián e volve encaramarse ós postos de ascenso con 38 puntos, cinco menos que o líder e un máis que o Rubián. No partido, o Ferreira, sen sorte segue negado cara os tres paus. A pesar de ter ocasións o Chantada defendeuse e non encaixou. Na segunda parte un solitario tanto de Efrén dáballe a razón á frase de que quen perdoa acaba pagando. O Chantada marcou un gol e valeulle tres puntos nun dos seus poucos remates, mentres que o Ferreira queda sen eles.

FERREIRA: Valcarcel, Cazón (Vegui, min 65), Hugo, Dani, Cortiñas, Santi (Cristian, min 65), Félix, David, Enríquez, Fabio e Abdel

CHANTADA B: Rays, Pinto, Adri, Rodrigo, Jordi, Pulpis, Pablito (Cristian, min 65), Adrián, Tara (Novelle, min 90), Efrén (Marros, min 70) e Rubén (Xavi, min 85)

GOLES: 0-1, min 55 Efrén

ÁRBITRO: Mariño Rodríguez, amonestou a David e Dani do Ferreira e a Efrén, Tara e Rubén do Chantada B. Campo de O Baliño
Polémico empate na Reigosa entre Friol e Rubián. O Friol segue na zona media con 28 puntos a dez do ascenso e a dez do descenso. O Rubián perde a súa posición de privilexio nos postos de Primeira e cae á terceira plaza con 37 puntos, un menos que o Chantada B e seis menos que o Antas. O Friol foi mellor na primeira parte e froito dese dominio chegou o tanto de Martínez que abría o marcador. O Rubián tentaba desmelenarse e mellorou ostensiblemente na segunda parte. Cando mellor estaba o conxunto visitante as rigurosas expulsións de Iván Cid e de Iago Arias deixaron en cinco minutos con 9 xogadores ós de Manu, que tamén foi expulsado. Aínda así o Rubián, con corazón, rescatou un punto cun lanzamento lonxano de Emilio que valeu o empate a 1.

FRIOL: Brais, Martínez, Cobas, Juan, Óscar, Jesús (Felipe, min 55), Luki, Bruno (Telmo, min 80), Dani, José (Núñez, min 85) e Isaac (Aitor, min 70)

RUBIÁN: Iván, Rubén (Antonio, min 75), Diego (Armesto, min 78), Samuel, César, Emilio, Rodri (Rivi, min 85), Iván Cid, Iago Arias, Camino (Miguel Ángel, min 45) e Borja (Miguel, min 70)

GOLES: 1-0, min 15 Martínez e 1-1, min 80 Emilio

ÁRBITRO: González Lázare, amonestou a José, Bruno e Juan do Friol e a Borja, Emilio e Armesto do Rubián. Expulsou por doble amonestación a Iván Cid do Rubián no minuto 60 e a Iago Arias, tamén do Rubián e tamén por doble amonestación no minuto 65. Tamén expulsou ó adestrador do Rubián, Manu por doble amonestación no minuto 65. Campo de A Reigosa
O Guntín segue en problemas de descenso despois de perder claramente na casa ante o Residencia B. O filial blanquiazul é quinto con 30 puntos, aínda alonxado en oito puntos do ascenso mentres o Guntín esta na beira do precipicio con 19 puntos, so un máis que o Ferreira que está en postos de descenso por arrastre. Dez minutos tardou a Residencia en desfacer ó Guntín xa que no primeiro tramo do partido xa vencían os capitalinos por 0-2 cos tantos de Willian e Vilanova. O Guntín refíxose e antes do descanso conseguiría acurtar co tanto de Bruno pero na segunda parte a Residencia mostrou a súa mellor versión e un doblete de Manu Barrios e un tanto de Pablo déronlle a abultada victoria ós capitalinos.

GUNTÍN: Antonio, Marcos, David, Héctor, Adrián, Iago, Bruno, Galdo (Tomás, min 15), Cafú, Marco e Álex (Miguel, min 60)

RESIDENCIA: Iago, Miguel, Pablo, Solla, José Luis, Dani, David (Juanjo, min 80), Willian (Alberto, min 75), Marcos Vilanova, Manu Barrios e Rubén Quiroga

GOLES: 0-1, min 10 Willian. 0-2, min 15 Marcos Vilanova. 1-2, min 25 Bruno. 1-3, min 40 Pablo. 1-4, min 55 Manu Barrios e 1-5, min 90 Manu Barrios

ÁRBITRO: Carballido Vega, amonestou a Rubén Quiroga do Residencia B. Campo de Ladairo
Gustouse o Palas que toma aire na clasificación a costa da Comercial. O equipo celeste venceu con claridade á Comercial e suma 22 puntos, catro máis que o Ferreira mentres o equipo vermello queda con 20, moito menos folgado a dous do descenso.
Amo e señor do partido o Palas que na primeira parte fixo valer a súa superioridade nos homes atacantes con tres tantos que desfixeron á Comercial. Juanjo, Horacio de penalti e o carrileiro Marcos Senande deixaron finiquitado o partido ó descanso.
Outro tanto rápido de Horacio, de novo de penalti acabou de rematar ós capitalinos co 4-0 no que ademáis quedaron con 10 pola expulsión de Joel. Koeman e Mendoza completaron a goleada.

PALAS: Marcos, Koeman, Álex Senande, Caño, Suso, Julián, Horacio (Asier, min 60), Juanjo (Iván, min 45), Álvaro (Mendoza, min 55), Chorén (Martín, min 70) e Marcos Senande (Santi, min 60)

COMERCIAL: Alberto, Víctor, Sergio, Manu, Joel, Teijeiro, Brais, Álex, José Luaces, Luna (Juan, min 45) e Rubén Pena (José Maseda, min 60)

GOLES: 1-0, min 15 Juanjo. 2-0, min 30 Horacio de penalti. 3-0, min 44 Marcos Senande. 4-0, min 55 Horacio de penalti. 5-0, min 60 Koeman e 6-0, min 90 Mendoza

ÁRBITRO: López Rodríguez, amonestou a Horacio e Álex Senande do Palas e a Víctor e Juan do Comercial. Expulsou por vermello directo a Joel da Comercial no minuto 55. Campo de Os Chacotes

Vibrante e típico partido que se vive no Tras do Novo entre o Santa Comba e o Brollón. Dous rudos equipos deron alternativas no marcador e un partido moi vistoso. O Brollón perde comba co ascenso e queda con 29 puntos, séptimo. Os mesmos puntos ten o Santa Comba que definitivamente parece que afasta os demos do descenso.
Comezou de forma inmellorable o Santa Comba que no primeiro minuto xa vencía por 1-0 co tanto de Bello pero o Brollón reaccionou e conseguiu empatar gracias ó seu goleador Diego. Aínda non se mentalizara o Brollón e xa volvía a perder co tanto de Iván que se convertia no 2-1. Os de Chura, nunha reacción impresionante déronlle a volta ó partido antes do descanso con dous tantos máis de Diego que facía un hattrick do dianteiro do Brollón en so 45 minutos. Vencía no descanso por 2-3 o Brollón e na segunda parte apretou o Santa Comba que conseguiu empatar no ecuador do segundo acto de Bello e cun tanto no último minuto de xogo levariase os puntos gracias ó seu artilleiro
Diego Meilán.

SANTA COMBA: José Ángel, Borja, Rober, Lucas, Leandro, Neira, Asier, Omar, Iván (Novo, min 65), Diego Meilán e Bello

BROLLÓN: David, Suso, Freire, Fran, Pichi, Jorge (David López, min 75), Sergio (Mariño, min 60), Maikel (Figueiras, min 90), Diego, Samuel e David Armesto

GOLES: 1-0, min 1 Bello. 1-1, min 5 Diego. 2-1, min 10 Iván. 2-2, min 30 Diego. 2-3, min 44 Diego. 3-3, min 70 Bello e 4-3, min 90 Diego Meilán

ÁRBITRO: Veiga López, amonestou a Neira do Santa Comba e a Sergio, David e Armesto do Brollón. Campo de Tras do Novo
Enganoso o resultado que sacou o líder do Gandarón. O Paradela, con seis derrotas consecutivas parece carne de Terceira con so 10 puntos, a nove do Guntín mentres que o Antas parece carne de Primeira con 43 e seis de marxe co Rubián.
O estado do terreo de xogo e un gran Paradela deu nun partido igualado na primeira parte onde o Antas se adiantou por medio de Méndez pero Vázquez empataba na seguinte xogada para os locais. O Paradela puido irse ó descanso con vantaxe pero non foi quen de transformar o penalti do que dispuxo e que significaría o 2-1. Na segunda parte, o partido seguiu polos mesmos derroteiros ata que Cristian, que está de dulce, facía o 1-2 que posteriormente alargaría no 1-3 que desmontou ó equipo local. No alargue Méndez ampliaba o marcador co definitivo 1-4.

PARADELA: Víctor, Carlos (Abella, min 85), Martín (Illán, min 90), Adrián, Javi, Rigo (Óscar Díaz, min 60), Manu, Rubén, Vázquez, Campo e Dani (David, min 80)

ANTAS: Pallares, Carrera, Martín, Anxo (Galego, min 85), Vicente, Zaski, Costa (Dani, min 90), Méndez, Vitinho (Félix, min 80), Guerreiro e Chiqui (Cristian, min 45)

GOLES: 0-1, min 35 Méndez. 1-1, min 35 Vázquez. 1-2, min 70 Cristian. 1-3, min 80 Cristian de penalti e 1-4, min 90 Méndez

ÁRBITRO: López Bermúdez, amonestou a Rubén, Dani, Martín, Carlos, Javi, Manu e ÓScar Díaz do Paradela e a Vitinho, Zaski e Costa do Antas. Campo de O Gandarón
O Portomarín pégase un tiro no pe e deixa escapar os puntos do Chao da Poza ante un Castroverde que respira fondamente. O equipo verdeblanco, con 25 puntos, sácalle sete ó Ferreira e respira moito mellor que un Portomarín case deshauciado con 11, a oito da salvación.
Marcos de penalt abría o marcador para o Castroverde pero o Portomarín cunha gran primeira parte empatou por medio de Rubén e tivo ocasións de sobra para sentenciar ó Castroverde na primeira parte. Incluso contou cun penalti o equipo de César Gallego que non aproveitaron.
Na segunda parte o Castroverde aproveitou a contra e Abel fixo o 1-2. A pouco para o final outro penalti esta vez sí transformado por Conde volvía as táboas pero a piques de chegar ó final outro contragolpe era transformado por Abel de novo para levar os puntos para a Veiga do Olmo.

PORTOMARÍN: Merelle, Pepe (Víctor Vázquez, min 45), Nes (Diego, min 80), Fabio (Dani Lombardía, min 75), Rubén, Víctor Conde, Deco (Álex, min 65), Cachón, Sanfiz, Julián e Marcos Parga (Manu, min 65)

CASTROVERDE: Aitor, Dani, Marco (Fran, min 80), Juan, Núñez, Javi, Carlos (Abel, min 20), Marcos, Gelo, Ríchard e Antonio

GOLES: 0-1, min 5 Marcos de penalti. 1-1, min 10 Rubén. 1-2, min 65 Abel. 2-2, min 75 Víctor Conde de penalti e 2-3, min 80 Abel

ÁRBITRO: López López, amonestou a Fabio, Víctor Conde, Rubén e Nes do Portomarín e a Javi, Juan e Antonio do Castroverde. Campo de Chao da Poza

Victoria clara do Atlético que mira para arriba ante un Corgo que se deshinfla. O Corgo cae á novena plaza con 26 puntos, oito máis que o Ferreira e o Atlético xa é cuarto con 34, a catro do Chantada B e a tres do Rubián, cerca do ascenso despois dunha racha impoñente na que non perde desde, precisamente a súa visita a Corgo. Unha volta enteira sen perder para un Atlético en alza. En alza tamén cotiza o seu centrocampista Fran que cun hattrick desfíxose do Corgo que non presentou excesiva resitencia. Álex Montes completaba o marcador co definitivo 4-0.

CHANTADA ATLÉTICO: Álex Moure, Miguel, Diego Mejuto (Borja, min 55), Suso, Aitor, José, Dani, Basán, Álex Montes (Rubén, min 50), Fran (Diego, min 62) e Eric (Manute, min 45)

CORGO: Manu, Damián, Cristian, Borja, Pedro, Gustavo, Andrés (Jaime, min 45), Ahmed (Pablo, min 45), Iván Jul, Rubal e Iván Seijas (Pelayo, min 70)

GOLES: 1-0, min 10 Fran. 2-0, min 25 Álex Montes. 3-0, min 35 Fran e 4-0, min 60 Fran de penalti

ÁRBITRO: Cabañas López, amonestou a Álex Moure e Fran do Chantada Atlético e a Pedro e Manu do Corgo. Campo Sangoñedo

Check Also

Fiz Rodríguez durante un encontro

A Preferente xa ten calendario

 Os conxuntos lucenses xa coñecen o calendario da nova tempada na Preferente. Dos sete conxuntos …