sábado , 21 octubre 2017
cuchi
Cuchi novo adestrador do Pol | Líder

Cuchi novo adestrador do Pol

 

O Pol ten novo inquilino no seu banco, José Ramón López “Cuchi”, debutou a xornada pasada ante o Sacido, aínda que o Pol fixo méritos para acadar algo positivo no encontro o mesmo rematou con victoria para os visitantes. O técnico lucense chega para substituír a Abel cando quedan seis xornadas por disputar.

Da o salto ó fútbol afeccionado logo de estar catro tempadas dirixindo a varios conxuntos do fútbol base do San Roque, a tempada pasada selou unha gran tempada co conxunto xuvenil dos verdibrancos clasificando ó equipo por primeira vez para a Fase previa de ascenso á Liga Galega.

Cuchi afronta esta nova etapa con moita ilusión pero coñecedor da complicada situación na que se atopa o equipo, de cara ó futuro inmediato cree que “agárdannos xornadas moi complicadas” pero está convencido de que “o equipo vai saír en todos os partidos a dalo todo”.

Nas seis xornadas que restan para o final da liga o Pol terá que visitar ó Abadín, Xermade, Santaballés e Riotorto e recibirá no Manuel Luna a Alfoz e Cospeito.

Check Also

Fiz Rodríguez durante un encontro

A Preferente xa ten calendario

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …