sábado , 21 octubre 2017
Dani Moirón renovou co Spórting Pontenova
Dani Moirón, adestrador do Spórting Pontenova

Dani Moirón renova no Spórting Pontenova

 

Dani Moirón afrontará a sexta tempada consecutiva como preparador do primeiro equipo do Spórting Pontenova, na Segunda Autonómica Norte. O preparador pontenovés logrou situar ao seu equipo na quinta posición do campionato na pasada campaña, tras pelexar pola permanencia ata o último partido en anos anteriores.

“A seriedade da directiva e o compromiso dos xogadores co proxecto fixeron que me decidise a renovar”.

A nivel de xogadores polo momento non hai novidades no Spórting Pontenova, aínda que o preparador confía en adiantar novidades nos próximos días. Dani Moirón, que vén de obter o título de Adestrador Nacional (nivel 3), afronta a nova tempada coa ilusión de estrear a nova Mina, na que se está instalando céspede artificial de última xeración tras “traballar nos últimos anos en condicións non favorables”.

Segundo o propio preparador, “o compromiso da directiva e dos propios xogadores co proxecto fixeron que me decantase pola renovación”. Dani Moirón confía en montar un equipo de garantías para acadar o obxectivo da permanencia canto antes tras “poñer o listón moi alto a pasada tempada, o que fai que teñamos que mentalizarnos de que o traballo e o compromiso serán chave a próxima campaña”.

Check Also

Fiz Rodríguez durante un encontro

A Preferente xa ten calendario

 Os conxuntos lucenses xa coñecen o calendario da nova tempada na Preferente. Dos sete conxuntos …