sábado , 21 octubre 2017
ferroviaria vs roupar
Ferroviaria vs Roupar | NRB

Ferroviaria e Roupar igualan sen goles

 
0 Ferroviaria: Adrián, Yago Seijas, Álvaro, David Fernández, Faustino, Felipe, Joel, Moncho, Juampi, Diego Castro e Iago Fernández. Tamén xogaron Dani e Álex. 0 Roupar: Chono, Isma, Álex, Juan, Gus, Gaucho, Jaco, Amadi, Ali, Jorge e Óscar. Tamén xogaron César e Roy.

rFerroviaria: ? (3) ? (2) ? (1) Roupar: Gus (3) Óscar (2) Amady (1)

Ferroviaria e Roupar ou o que é o mesmo segundo e terceiro igualaron sen goles nun encontro no que primou o medo a perder e que deixa a ambos conxuntos igualados na táboa.

O encontro estivo marcado polo moito que se xogaban ambos conxuntos e careceu dun dominador claro, as ocasións de gol brillaron pola súa ausencia e salvo erro de calquera dous conxuntos parecía difícil que o marcador se movese.

Non mudou a dinámica na segunda metade aínda que co paso dos minutos comezaron a aparecer algún espazo máis, o Roupar tivo un par de chegadas perigosas pero non tivo puntería e cando a atopou emerxeu a figura do meta local Adrián. A Ferroviaria tivo no tramo final de encontro dúas claras ocasións de gol que non foi quen de materializar. Ó final igualada que ambos conxuntos poden dar por boa xa que seguen nunha situación privilexiada cunha xornada menos por disputar.

A Ferroviaria deberá afrontar unha difícil saída e visitar ó San Román conxunto que pelexa por disputar os Play-off de ascenso. O Roupar debe afrontar como local un derbi comarcal ante o Momán que ven de igualar co Parga, outro dos aspirantes ó ascenso.

 

Check Also

Donato adestrador

¡Ano novo, adestrador novo!

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …