lunes , 25 septiembre 2017
plantel cd foz
Plantel do CD Foz

Foz e Candelaria aínda non coñecen a derrota na 2ª Norte

 

Tras 8 xornadas de campionato na Segunda Autonómica Norte, o CD Foz e a SD Candelaria son os únicos equipos da liga que aínda non coñecen a derrota. O cadro albivermello conta con 20 puntos e os cervenses con 18.

O CD Foz, que non sabía o que era encaixar un gol ata a última xornada, recibiu dous de mans do Cospeito, que sorprendentemente conseguiu un punto ante o líder. Manuel e Rus foron os autores dos tantos locais e Gonzalo e Hugo Río os dos mariñáns.

A Candelaria tampouco conseguiu pasar do empate ante o Guitiriz no Suso Cruz. Así as cousas, o Riotorto, que venceu por 3-1 ao Folgueiro, queda a dous puntos dos postos de ascenso.

Na zona baixa o Parga conta cun punto tras igualar ante o Goiriz na última xornada a 1 tanto. Os vilalbeses son penúltimos con 4. Dous por enriba están Cospeito e Ferroviaria.

Cómpre salientar a boa xeira do Spórting Pontenova, que encadea seis xornadas sen perder, con 3 victorias e tres empates. Na última xornada empatou co Cabreiros na Acea.

 

 

Check Also

Fiz Rodríguez durante un encontro

A Preferente xa ten calendario

 Os conxuntos lucenses xa coñecen o calendario da nova tempada na Preferente. Dos sete conxuntos …