sábado , 21 octubre 2017
Arturo será un dos xogadores que adestren co Deportivo nas próximas datas. | Imaxe: Líder

Futbolistas da base do Viveiro adestrarán co Dépor

 

O Viveiro CF e o Deportivo selaron un acordo para que xogadores de fútbol base celestes adestren de xeito regular cos equipos das categorías inferiores do conxunto coruñés.

O acordo selárono este martes o cordinador da canteira do RC Deportivo, Alberto Gil, o director de captación herculino, José Luís Devesa, o olleador Carlos Ballesta, o responsable da base do Viveiro, Francisco Rojo e o secretario da entidade mariñá, Francisco Lage.

Os primeiros xogadores do Viveiro que pisarán os campos de Abegondo para adestrar co RC Deportivo son os infantís Pablo Martínez e Aldán, o cadete Dani Celeiro, e o xuvenil Arturo.

Podes ollar aquí a información completa publicada pola Voz de Galicia da Mariña.

Check Also

Andrés Bouza e Antonio Lombardero

Andrés Bouza súmase ao proxecto do Sporting Pontenova

 Se fai uns días anunciaba a continuidade de Dani Moirón, agora é o turno da …