sábado , 21 octubre 2017
Celta Barreiros vs Parga
Celta Barreiros vs Parga desta tempada

Igualada sen goles entre Cervo e Celta Barreiros

 
0 Cervo: Lindín, Marcos, Indio, Brais, Alonso, Rambo, Jota, Nilson, Pepe, Abel e Congui. Tamén xogaron Marrube e Amunike.

0 Celta Barreiros: Jesús, Noel, Pico, Dani, Dani Trabada, David, Borja, Ibán, Álvaro, Josinho e Happy. Tamén xogaron José Luis e Gonzalo.

rCervo: Nilson (3) Abel (2) Congui (1) Celta Barreiros: Noel (3) Ibán (2) Borja (1)

O mal estado do terreo de xogo condicionou moito o choque, co paso dos minutos o mesmo volveuse impracticable. O Cervo estivo mellor na primeira metade e dispuxo de varias opcións de gol, dous tiros o pau e sobre todo unha pena máxima que Rambo non puido transformar.

A segunda metade comezou na mesma dinámica cun Cervo que subiu liñas e tería unha clara ocasión nas botas de Pepe que non foi quen de superar ó meta visitante no man a man. Co paso dos minutos o Celta Barreiros foi tomando o mando do encontro e no último tramo tivo opcións para levarse os tres puntos, as máis claras foron un lanzamento de Josinho e un remate de Happy que entre o terreo de xogo e despois a zaga local frearon evitando así o tanto do Celta Barreiros.

Check Also

Matela vs Ourol

O Matela derrota ó Ourol e presenta a súa candidatura

  About Latest Posts José Manuel Lorenzo Latest posts by José Manuel Lorenzo (see all) …