Nunhas datas nas que moitos equipos celebran ascensos e logros deportivos, non nos podemos esquecer da outra cara do fútbol. Apenas fai dous anos o Folgueiro celebraba un ascenso histórico a Primeira Autonómica. 24 meses despois certificou o seu descenso a Terceira. Guillermo, adestrador e xogador, danos as claves dunha tempada aciaga para o seu equipo.