Charlas Online

Charla con Recalde (Capitán Lourenzá)

CHARLA ONLINE CON RECALDE (Capitán Lourenzá)

Recalde, capitán do Lourenzá, é un dos artifices da permanencia acadada polo coxunto dirixido por José Manuel. A vindeira tempada seguirán competindo na Primeira Autonómica. Envía a túa pregunta con este formulario ou con twitter utilizando o hashtag #recalde

ENVIA A TÚA PREGUNTA

Obligatorio *


  Actualizar Captcha  
 
Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

Charla con Marcos Veiga (Adestrador do CD Castro)

altMarcos Veiga toma o mando deportivo no CD Castro. Tras unha tempada no equipo xuvenil dá o salto ó primeiro equipo, que parte como un dos rivais a bater nunha das Primeiras Autonómicas mais igualadas. Charla publicada o 30 de Xullo.

PREGUNTAS CHEGADAS A WEB

¿Como ves o equipo para afrontar este ano a categoría? Enviada por Esteban

De momento é demasiado pronto para facer ese tipo de valoracións. Cando este o plantei totalmente cerrado e realicemos os primeiros entrenos, entón poderase facer unha primeira valoración. O que si e verdade, é que a priori, estou moi contento coa configuración da mesma e coa configuración do Corpo Técnico.

 ¿Cres que hai posibilidades de ascender a preferente esta tempada?¿e expectativas para os xuvenís? Enviada por Jonatan

Creo que non sería realista  poñerse ese obxectivo, creo que agora as prioridades son outras. Hai que facer un equipo totalmente novo, buscar un estilo de xogo e darlle oportunidades aos rapaces que subiron dos xuvenís para que continúen coa súa formación. O que está claro é que imos ir partido a partido sen renunciar a nada.

As expectativas dos xuvenís só son a nivel de formación, nunca clasificatoria. O único que se espera da temporada é que melloren técnica, táctica e fisicamente, así como contribuír na súa educación. O tema clasificatoria é secundario, xa que moitas veces eso leva aos clubs a apartarse dos outro obxectivos, e incluso a marxinar a algúns xogadores.

¿Ves a algún xuvenil que poida xogar a temporada no Castro? Enviada por Juan Rico

Creo que teñen posibilidades moitos, dependerá un pouco do seu rendemento. De feito van facer a pretempoda conmigo cinco ou seis e teño a esperanza de que algún xa se quede no primeiro equipo, ainda que depende deles e tamen das necesidades do equipo en determinados postos, pois non ten sentido ter tres xogadores nalgún posto, nin subilos para que non xoguen. Ademais durante a tempada irei levando de vez en cando algún co primeiro equipo para que vaian coñecendo a categoría.

¿Que esperas dos teus xogadores esta temporada? e se ¿as túas expectativas respecto a liga son altas? Enviada por Eloy

Dos meus xogadores espero COMPROMISO-TRABALLO-HUMILDADE. E as expectativas sempre deben ser altas, para que haxa unha boa motivación.

¿Como ves a Primeira Autonómica 2011/2012? Enviada por Jose

 Creo que vai ser a mais forte dos ultimos anos, e espero que non me defraude, porque é un reto importante formar parte da mesma. Ademais para un entrenador coma min, que se está iniciando, é moi importante competir contra xogadores e entrenadores dun nivel alto para seguir aprender o mais posible deles.

Hola Marcos, dende fora do club da a sensación que o funcionamento do mesmo e un pouco “caótico”, ¿axustase a realidade?, e en segundo lugar ¿apostarase definitivamente polo fútbol base? Enviada por Manolo

 Eu non vou a entrar a valorar a situación pasada do clube. O único que me interesa é o presente e o futuro, e a verdade é que hai unha directiva con moitas ganas de facer as cousas ben, a que lle hai que dar tempo para despois valorar o seu traballo. Eu creo que cando apostan por min como entrenador, fanno pola canteira xa que non son un entrenador experimentado na categoría, e o único aval que teño, aparte do título é haber entrenado ao equipo xuvenil.

PREGUNTAS PROPIAS

¿Cando empeza a traballar o Castro?

O luns, 1 de Agosto.

¿Xa tes a pretempada definida?

Si, salvo contratempos xa está cerrada.

 ¿Con que obxectivo arranca o equipo tras o seu descenso a Primeira Autonómica?

Pois o obxectivo é facer un equipo o mais competitivo posible, co maior número de xente da zona e despois ir partido a partido. O final xa se verá onde estamos.

Vendo o cartel de equipos desta tempada, ¿presentase unha competición moi dificil?

A priori si, porque pensas en que equipos son candidatos ao ascenso e poden saír nove ou dez equipos, mais as sorpresas de sempre. E en cambio pensas nos candidatos ao descenso e non hai ningún claro.

¿Con que puntos crees que conta o Castro o seu favor?

Agora mesmo creo que ca ilusión da directiva, corpo técnico e plantel, xa que somos case todos novos e temos moitas gañas de facelo ben.

¿Con que novidades deportivas contara a plantilla do primeiro equipo?

Pois co 80 % do plantel. E un equipo practicamente novo, xa que só continúan cinco xogadores do plantel do ano pasado.

¿Falta por chegar algún xogador mais?

 Todavía estamos pendentes de cubrir tres postos, aínda que xa sabemos que xogadores queremos. Esperemos que veñan porque nos van dar un plus de calidade.

A tempada pasada dirixiches o conxunto xuvenil, ¿que conclusións sacas tanto a nivel deportivo coma persoal?

A  nivel deportivo foron moi boas, pois tiña un grupo con moitas posibilidades e serviume para continuar coa miña formación. E a nivel persoal aínda foron mellores, xa que se como xogadores eran bos, coma persoas eran xeniais .

¿Cal debe ser a función primordial dos equipos de base?

Formar xogadores a todos os niveis, e surtir de xogadores ao primeiro equipo. Ademais facilitarlle as cousas a aqueles xogadores que despunten e teñan posibilidades de xogar mais arriba. 

¿Como te definirías como técnico?

E moi pronto para iso, e terían que ser os xogadores que entrenei os que me definan. O que si que me gusta é que os meus equipos teñan un estilo definido de xogo.