Charlas Online
|
CHARLA ONLINE CON RECALDE (Capitán Lourenzá) Recalde, capitán do Lourenzá, é un dos artifices da permanencia acadada polo coxunto dirixido por José Manuel. A vindeira tempada seguirán competindo na Primeira Autonómica. Envía a túa pregunta con este formulario ou con twitter utilizando o hashtag #recalde ENVIA A TÚA PREGUNTA Obligatorio * |
Charlas Online, Entrevistas
Charla con Labrada (Adestrador Rioaveso)
Labrada continuará unha tempada mais á fronte do Rioaveso. Tras unha boa tempada na 2010/2011 espera poder manter ó Rioaveso nos postos altos da clasificación nunha liga que se presenta moi interesante. Charla publicada o 20 de Agosto de 2011.
PREGUNTAS CHEGADAS A WEB
¿Cal e o obxetivo para esta tempada? Enviada por Jose
O obxectivo deportivo primordial é o de non pasar apuros e salvar a categoría.Debido os arrastres cada vez a categoria é máis competida facendo desta a segunda autonomica máis forte que recordo.De todos modos estamos traballando para poder seguir competindo con calquera e ser un equipo cada día mellor. E se podemos sequir nos postos altos como estes anos moito mellor, sabendo sempre da dificultade que eso conleva
De cara á vindeira tempada,¿é posible a túa volta ós terreos de xogo? posto que moitos afeccionados agardan volver a ver esa maxistral zurda. Un saúdo Ramón. Enviada por sporting caraño
jaja Disfruto moito xogando,pero cando adestro un equipo prefiro manterme só na parte técnica e limitarme as pachangas
Coa experiencia que tes na segunda rexional, ¿cales pensas que son os 5 mellores xogadores da categoria?.un saludo. Enviada por Lois
Os mellores son os 24 que teño no plantel a parte de eles e contando que hai equipos e xente nova que coñeces menos hai xogadores como josito do guitiriz ou ruben do meira que a min personalmente me gustan sobremaneira.
Tes fama de ser un adestrador moi polémico e sancionado. ¿que opinas ti o respecto? ¿Veremos un Labrada máis calmado esta tempada? Enviada por Serafin
Sempre vivo os partidos intensamente,e cando ves unha inxustiza pois reaccionas, podia manterme mais distante pero non é a miña forma de ser de todos modos intento coidar cada vez máis as formas.E oxe a miña relación con case todos os arbitros e equipos e magnífica
PREGUNTAS DE WWW.FUTBOLLUCENSE.COM
¿Como e cando chegaches o Rioaveso?
Logo de sacar os títulos de adestrador con 23 anos empecei a adestrar.Dous anos máis tarde con 25 xurdiu a posibilidade de vir acó a rioaveso e acó seguimos
¿Que atopaches no clube para que a túa estadia se alargue durante varios anos?
Unhas boas condicións tanto deportivas como persoais. Cunha directiva que me da plenos poderes na parcela deportiva e un plantel co cal teño unha relación moi especial.Que tendo moi claro o lugar que cada un ocupa e diferenciando moi ben o rol adestrador-xogador, unha vez acabado o adestramento ou o partido son GRANDES AMIGOS
¿Con que aspiracións parte o Rioaveso na presente tempada?
Como xa dixen anteriormente a de traballar para non pasar apuros sen renunciar a nada sabendo da enorme dificultade de cada partido nesta tempada
¿Que novidades deportivas tera o equipo?
A parte de jorge como segundo adestrador.Temos poucas novidades xa que o bloque e o mesmo do ano pasado.Temos as incorporacións de Alfonso ,Lopez,Issam e Guillermo e as baixas de Nito,Pibe e Fidalgo
¿Esta a plantilla xa cerrada?
Sempre que xurda algo interesante estamos abertos de todos formas en principio xa estamos traballando co plantel cerrado.
¿Que valoración fas do que vai de pretempada?
A valoración a dia de hoxe é positiva empezamos a adestrar o día 2 e todo vai conforme o planificado se ven temos que facer un especial fincapé na táctica defensiva.No restante todo vai según o previsto
¿Como ves a segunda autonómica desta tempada?
Para min a segunda máis forte de todas ata agora.Con equipos "historicos" e moitas capitais de concello
¿Que equipos crees que loitaran polos postos altos da clasificación?
Hai moitos qu poden estar neses postos, os recen descendidos Iberia, Folgueiro e Santaballes, os descendidos o ano anterior Cervo, Guitiriz e Muimenta e outros como Sacido,Cospeito,Meira,etc o abano e moi amplo.
