Charlas Online

Charla con Recalde (Capitán Lourenzá)

CHARLA ONLINE CON RECALDE (Capitán Lourenzá)

Recalde, capitán do Lourenzá, é un dos artifices da permanencia acadada polo coxunto dirixido por José Manuel. A vindeira tempada seguirán competindo na Primeira Autonómica. Envía a túa pregunta con este formulario ou con twitter utilizando o hashtag #recalde

ENVIA A TÚA PREGUNTA

Obligatorio *


  Actualizar Captcha  
 
Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

Gerardo Berodia: "El Madrid para curar el cáncer me mandó a la Seguridad Social"

Charla con BerodiaGerardo García Berodia (Madrid, 1981) non oculta que lle gustaría contar máis para Quique Setién no CD Lugo. Quizais o seu inconformismo e o da súa familia ó longo da vida lle fan loitar cada día con máis ilusión para acadar os seus obxectivos, uns obxectivos, que confesa, “me marco siempre al empezar la temporada y luego durante el año”. Completamente namorado da súa familia, da que cando fala o fai sempre cun sorriso nos beizos, coñeceu Lugo a través da súa parella, con raíces en Burela.

Berodia non nega que chegou á cidade das murallas en parte por iso. “Ya había contactado Carlos Mouriz conmigo tiempo atrás, pero en aquel momento no me decidí”. Pero este ano, durante as súas vacacións estivais en Burela, que confesa “no cambiaré por nada”, Carlos Mouriz volveu tentalo. O director deportivo do CD Lugo invitouno a comer en San Ciprián e Berodia ía coas ideas claras: “Le dije: Carlos, ya no soy un niño y yo no quiero cambiar cada año de ciudad. No me voy a pelear por dos duros si me ofreces dos años de contrato”.

Chegaba entón a Lugo un dos mellores trescuartistas da “B”, un futbolista que de non ser polo pau que lle deu a vida ós 15 anos nunca recalaría na cidade das murallas. Pero Berodia para nada sente que a vida lle deba unha. Asumiu con naturalidade ós 15 anos que a súa loita ía ser por volver correr.

E é que cando levaba 5 anos no Real Madrid, unhas dores na perna esquerda, a que o levara a converterse no mellor xogador infantil de Europa, impedíanlle estar ó 100%. O diagnóstico: Tumor maligno no astrágalo. “En España sólo me daban la solución de la amputación del pie, pero mi padre no se resignó”. Entón foi cando se cruzou na súa vida a clínica Mayo, unha prestixiosa institución norteamericana na que lle deron unha solución alternativa: “Se trataba de limpiar el hueso enfermo e implantar trozos nuevos de un banco de donantes”. “Los norteamericanos le recomendaron a mi padre el doctor Epeldegui, que fue el que me operó”.

 

Momento da charla con Berodia

O trato do Real Madrid non foi o mellor

Ós 15 anos Berodia entra no quirófano, e aparca o soño da súa vida de xogar no Real Madrid. Pero quizais aquel foi o punto de inflexión que lle fixo ver como tiña que entender o fútbol nun futuro. “Una de las peores cosas que recuerdo de aquello es como el Real Madrid me mandó a curar el cáncer a la Seguridad Social, cuando paradógicamente trabajan con unos de los mejores equipos médicos del mundo”. A lóxica económico-capitalista pola que se move o fútbol de alto nivel deixaba a un rapaz de 15 anos tirado á súa sorte. “Pero después me dieron la oportunidad de rehabilitarme en sus instalaciones y me ofrecieron dos años de contrato”. Con todo, Gerardo ten moi claro o porqué o fixeron: “Estoy seguro de que lo hicieron por si no se me olvidara del todo lo de jugar al fútbol y no se les escapara la promesa que tenían años atrás”.

O actual seleccionador español, Vicente del Bosque, daquela Director do fútbol base do Real Madrid, foi a persoa da institución merengue que máis se preocupou por él. “Fue el que me ofreció recuperarme en las instalaciones del Madrid, y quien me hizo el contrato de dos años cuando me recuperé a los 18”. Pero Berodia tamén ten recordos dos seus compañeiros que chegaron á cima. “Durante 4 años el padre de Casillas me recogía para ir entrenar con su hijo”. “De pequeños éramos muy amigos, pero ahora estamos más distanciados. Sólo tenemos cierto contacto en Facebook y al coincidir en Madrid el año pasado en un restaurante nos saludamos y poco más”. Tra-la reportaxe emitida por unha televisión estatal Iker Casillas tamén recordou como pasaron él e o seu pai 4 anos “recogiéndote en la parada de Cuatro Vientos para ir a entrenar, primero en el 124 y luego en el R-19”.

Berodia cre que “a lo mejor hubiese llegado a lo más alto, pero muchos también se quedaron por el camino”. Agora ten a esperanza posta no seu fillo: “Tiene 6 años, es zurdo como yo y le pega al balón con mucha fuerza para su edad. El abuelo, que nos vió a los dos jugar cuando éramos niños dice que tiene tanto o más futuro que yo”. Pero visto o visto, o único soño do pai é “que tenga salud”.

 

Un regreso dende o fútbol amateur

Tra-la operación ós 15 anos, un ano con escaiola, outro de rehabilitación e un máis para recuperar o ton físico, o Madrid faille un contrato de dous anos ós 18. Pero marcha cedido, porque o que el quería era “volver a jugar al fútbol”. No Alcobendas, ou no CD El Álamo (en Preferente) compatibilizaba o fútbol co traballo na empresa de falsos teitos e superficies do seu pai. Entón chegou ó Navalcarnero, no que na segunda tempada destacou.

Deu o salto ó CD Leganés, onde coñeceu a cara amarga do fútbol, ó estar seis meses sen cobrar y “con una familia ya formada”. Entón deuse conta da mezquindade dalgunha xente do fútbol. “Ni me pagaban ni me dejaban marchar. Tuve que perdonar los seis meses sin cobrar para poder marchar al Zamora”. Gerardo abandonaba Madrid por primeira vez na súa vida, pero o seu soño de vivir do fútbol estaba máis en liza que nunca. “Me acuerdo que cuando volvía a jugar después de la operación tenía mucho miedo, porque veía que la gente corría como loca y yo aún tenía el cuerpo por formar”.

Pero 14 anos despois o fútbol foi xusto con él e tivo o privilexio de vivir un ascenso a Segunda A na Ponferradina. “Esa temporada [pola 2009-2010] comencé jugando, pero un problema en el nervio ciático me tuvo parado 5 meses sin que los médicos supieran lo que me pasaba. Cuando dieron con él lo resolvieron en una semana y volví a entrar en el equipo”. Gerardo Berodia confesa que agora en Lugo está a ter unhas sensacións parecidas que en Ponferrada. “Aquí se nota como la gente se engancha al equipo, igual que en Ponferrada cuando ascendimos. Al final llenábamos el campo y era impresionante ver como nos apoyaban. Ahora en Lugo estoy viviendo lo mismo: Noto como día a día la gente se engancha cada vez más al equipo”.

Na Ponfe non o renovaron para xogar en Segunda e asumiuno con total normalidade: “Es normal, pasaron a tener mucho más presupuesto y se fueron a buscar jugadores de otro mercado”. De Ponferrada saltou a Cuenca, onde viviu unha tempada gris no deportivo, xa que o equipo salvouse polos pelos no play-out de descenso.

 

Lugo, o sitio ideal

E de ahí deu o salto a Lugo, onde di que atopou o sitio ideal. “No estoy haciendo la pelota. Es la mejor ciudad donde he vivido: Tranquila, barata y cómoda”. Ademáis confesa que o CD Lugo é moi distinto aos outros equipos: “La gente del club es muy campechana, te ayuda en todo. Cuando llegamos los nuevos, la gente que había se volcó con nosotros y nos sentimos muy bien desde el primer día”.

Berodia co CD LugoEn canto ó rol no equipo, confesa que lle gustaría contar máis para Setién. “Comencé jugando y metí 5 goles, pero el míster ahora prefiere otras alternativas en el equipo. Mi objetivo es volver a convencerlo y jugar”. Preguntado por se este ano o Lugo ten mellor equipo que o ano pasado sinala que “puede que no juguemos tan bien como el año pasado, pero tenemos mucho más gol y la plantilla es más extensa y compensada. La gente que se ha fichado de medio campo para delante son jugadores con mucho gol todos”.

 

O Real Madrid Castilla é o equipo máis forte

Vendo os rivais, Berodia é da idea de que o grupo deste ano “beneficia más al Lugo que el del año pasado, principalmente porque hay muchos mejores campos para hacer nuestro fútbol”. Preguntado pola falta de alternativas do equipo ó xogo de toque que quere Setién, Berodia confesa que “es nuestra forma de jugar y con el balón es como mejor se defiende, con lo cual, no tenemos porque tener otra alternativa”. Na loita polos postos de promoción, Berodia ve como principal rival ó Castela, porque “son gente joven que corre muchísimo y tiene mucha calidad. Además, los filiales siempre mejoran mucho en la segunda vuelta, porque cogen tablas”.

Con todo, Berodia, quizais por ter tan preto o soño que non acadou e que moitos quixeran conseguir, non se considera un exemplo de superación e é feliz co destino que lle deparou a vida. “No soy un ejemplo de superación para nadie. El mío es un ejemplo más. Hay gente que se supera en muchas cosas, y más con la que está cayendo”.

Polo momento, este madrileño de 30 anos, ó que un día unha galega lle roubou o corazón, o destino deparoulle unha estación de 2 anos na terra máis fermosa do mundo, e él contento de podela disfrutar. Pero Berodia, a diferencia de nós, non ten morriña pola terra. Confesa que nun futuro regresará a Madrid, “no por nada, sólo porque tengo allí mi casa, y ya que la pago...”. No entanto, vende seguros coa súa muller e, como calquera futbolista coma ti, disfruta da segunda oportunidade que lle deu o fútbol e a vida.