Gerardo García Berodia (Madrid, 1981) non oculta que lle gustaría contar máis para Quique Setién no CD Lugo. Quizais o seu inconformismo e o da súa familia ó longo da vida lle fan loitar cada día con máis ilusión para acadar os seus obxectivos, uns obxectivos, que confesa, “me marco siempre al empezar la temporada y luego durante el año”. Completamente namorado da súa familia, da que cando fala o fai sempre cun sorriso nos beizos, coñeceu Lugo a través da súa parella, con raíces en Burela.