Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

Ó Calasancio escápalle o tren

Monterroso vs Calasancio | www.cpcalasancio.comOs monfortinos empataron sen goles en Monterroso e xa teñen o ascenso a 9 puntos de distancia.

O Polvorín volveu gañar unha semana máis pola mínima e xa conta con 18 puntos de colchón con 27 por disputarse.

O Brollón gañou en Castroverde e confirma a súa liña ascendente nos últimos encontros.

Antas e Sober sumaron un punto que non lles alivia as penas

Friol vs Castroverde desta tempada | www.sdcastroverde.comOs anteses igualaron ante o Friol na Reigosa e os soberinos ante o Santa Comba no Tras do Novo.

Os da Ulloa están a 6 puntos da permanencia e os Soberinos a 13, con 27 por disputarse.

O Monterroso tamén arrincou un empate ante o Calasancio que o separa nun punto do perigo.

Nada está decidido a falta de nove xornadas

O Santaballés celebrando un gol | Facebook SantaballésO Rioaveso, que semellaba un chanzo por enriba do resto de aspirantes, empatou e volveu comprimir a táboa.

Cervo, Iberia, Santaballés e Meira gañaron os seus encontros e continúan mantendo as distiancias.

O Guitiriz empatou e queda a 6 puntos da segunda posición.

O Muimenta colle aire

Celta Barreiros vs Matela desta tempada | admatela.blogspot.comOs chairegos impuxéronse ó Folgueiro e saen do descenso, que deixan a 1 punto.

O Celta Barreiros continúa sumando e xa está a 1 só punto da permanencia.

O Galdo, que está a sufrir unha caída en picado, baixaría a Terceira logo de perder e empatar o Spórting Pontenova.

O presidente do Muralla dá por resolto o problema dos impagos da mutualidade

Partido do Muralla desta tempada | atleticomuralla.blogspot.comO Presidente do Atlético Muralla e a UD Lugo, Rafael González Rodríguez, confirmou este martes a futbollucense.com que “están todos los problemas resueltos”, no tocante ó pago do 40% da mutualidade dos xogadores do Muralla, Muralla B e UD Lugo que tiñan que facer as entidades antes do 15 de decembro e que non fixeron.

Dos seis primeiros, só o Lemos conseguiu gañar

Ferreira vs Taboada | perrobarrenhovello.blogspot.comOs monfortinos xa lle sacan 16 puntos ó terceiro clasificado tras golear ó Cabreiros.

Páramo e Outeiro continúan na segunda e terceira praza pese a perder contra equipos da zona baixa.

Taboada e Ferreira igualaron nun encontro moi aberto.

A xornada 23 foi a da revolución dos humildes

Xermade vs Residencia | Facebook XermadeTres dos últimos cinco clasificados lograron impoñerse nos seus encontros contra equipos da zona alta.

O Xermade impúxose á Residencia no encontro entre recén ascendidos.

O Alfoz continúa co seu bo estado de forma e sumou un punto na difícil visita a Bóveda.

Página 1 de 35