Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

O Outeiro recupera os postos de privilexio

O Taboada igualou en Xermade | perrobarrenhovello.blogspot.com/Os de Pepe Martín venceron á Residencia e aproveitaron o empate do Páramo na Pastoriza para voltar á segunda praza.

O Lemos continúa imparable e coa victoria ante o Burela xa lle sacan 12 puntos ó terceiro clasificado.

O Taboada suma 15 xornadas sen perder.


O Outero de Rei recupera a  praza de ascenso tras vencer á Residencia por 2-0 nun encontro placido para os de Pepe Martín, que viñan de caer con claridade no campo do Páramo por 2-0. No Municipal chairego só gañaron Taboada e Páramo. Tamén sacou un punto o Valadouro. Os azuis suman 45 puntos, dous máis que o terceiro clasificado, o Páramo, que empatou a 2 tantos ante o Pastoricense, nun choque moi igualado, no que se acadaron os 4 goles nos últimos 20 minutos. Os de Couso levan dous empates seguidos a domicilio (na Pastoriza e en Castro). Lonxe do seu feudo, os brancos xa deixaron polo camiño 11 puntos. O Pastoricense suma 8 xornadas sen perder e 3 seguidas empatando. Os de Fiz son sétimos (36), a 9 puntos do ascenso.

Na cabeza da clasificación continúa intratable o Lemos (55). Os de Julio Corral golearon ó Burela por 6-2, con tres tantos de Fabrice. Os lemistas xa lle sacan 12 puntos ó terceiro clasificado e 10 ó segundo. Na Pinguela só foi quen de puntuar o Alfoz. Os monfortinos suman 7 victorias consecutivas. O Burela é oitavo, con 33 puntos tras dúas derrotas consecutivas. Os verdes só venceron tres encontros a domicilio (Ferreira, Cabreirios e Valadouro).

O Ferreira continúa dando mostras de irregularidade ó volver empatar ante o Cabreiros no Baliño. Os de Anxo Valcárcel son cuartos, con 40 puntos, a 5 do ascenso. O equipo de Pantón leva cinco encontros sen gañar no seu feudo e seis consecutivos sen conseguir os tres puntos.

Na quinta praza sitúase o Taboada, que empatou a 1 tanto en Xermade. Os branquiazuis adiantáronse no marcador pero volveron a sufrir un traspés nos últimos minutos. Os de Emilio, con 38 puntos, xuman xa 15 xornadas sen perder e quedan a 7 do ascenso. O Bóveda, cun punto menos (37) é sexto, tras vencer ó Riotorto nos últimos minutos. Os de Cabanelas sumaron a sexta victoria no Hermanos Somoza e a segunda nas últimas dúas xornadas, o que os fai escalar postos na clasificación.

Na novena praza queda o Lourenzá (28), que venceu por 1-3 ó Portomarín, na que foi a segunda victoria consecutiva a domicilio dos albivermellos, algo que aínda non conseguiran no que vai de campionato.

Na próxima xornada xogaranse os seguintes encontros: Burela – Lourenzá, Riotorto – Lemos, Cabreiros – Bóveda, Alfoz – Ferreira, Taboada – Valadouro, Páramo – Xermade, Residencia – Pastoricense, Milagrosa – Outeiro e Castro – Portomarín.