Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

O Pastoricense asina a un vello rockeiro

Moirón novo xogador do Pastoricense | ArquivoÁngel Vila Moirón (A Pastoriza, 1975) regresa á UD Pastoricense para oo que resta de tempada. A escaseza de efectivos do equipo que dirixe Fiz nas últimas xornadas fíxolle á directiva do club chairego tomar a decisión de repescar a un futbolista que xa estivo boa parte da súa carreira enrolado nas filas brancas.

 

O Pastoricense viuse mermado por unha praga de lesións nas últimas xornadas tendo que botar man de ata 3 xogadores do seu equipo xuvenil no pasado encontro fronte a Residencia. Segundo Fiz Rodríguez, preparador do Pastoricense, “os rapaces cumpliron co que se lles pediu á perfección, e Moirón non vén de recheo, senon que sumará como un máis ó equipo”.

 

Moirón, que xogou en Riotorto, Castro, nunha anterior etapa no Pastoricense e ascendeu co Muimenta a Primeira Autonómica, regresa a un equipo ó que xa adestrou fai varias campañas. Durante a presente tempada, o xogador natural de Bretoña era un habitual dos adestramentos do conxunto branco, que completaba coa súa participación no equipo de fútbol veterano do Sagrado Corazón.

 

Moirón desenvólvese no medio do campo ou na media punta, e destaca polo seu despregue físico sobre o terreo de xogo.