Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

O Castro asina a Marcos Losada

Marcos Losada chega do Cospeito | admatela.blogspot.com

O conxunto dirixido por Marcos Veiga conta cun novo reforzo: Marcos Losada. O xogador de Xustás (Cospeito), de 23 anos, procede do CD Cospeito  e chega para reforzar a portería dos vermellos, que seguen inmersos na loita pola permanencia en 1ª Autonómica.

Marcos Losada comezou a tempada no Cospeito de 2ª Autonómica, e xogou a pasada campaña no Riotorto CF. Anteriormente defendera o marco do Pastoricense e da SD Pol (xuvenil), entre outros. No Castro compartirá portería con Portela, que tamén chegou coa tempada xa comezada procedente do Meira FC.

Aínda que Marcos non xogou na pasada fin de semana, o Castro deu unha das sorpresas da xornada ó lograr unha victoría moi necesaría para os de Marcos Veiga no derbi ante o Outeiro. 1-2  foi o resultado final, con goles de Play e Alvarito.

 

Novo porteiro no Ribadeo FC

Tamén o Ribadeo FC, enfrascado na loita pola permanencia na Rexional Autonómica, conta cun novo xogador. O conxunto de Manolo Vilachá tivo que buscar unha solución de urxencia para o encontro da pasada semana fronte o Galicia de Mugardos. Os ribadenses estaban sen porteiro,debido á sanción de Viusky e á lesión de Tomás Fidalgo, que se perderá o que queda de tempada por unha rotura de menisco. A entidade mariñá fíxose cos servizos de Alberto Álvarez, procedente do San Roque, da Segunda Autonómica Sur, e que xa debutou fronte o Galicia Mugardos. Alberto, de 24 anos, formouse nas categorías inferiores de CD Lugo e Rácing Vilalbés.