Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

O Celta Barreiros continúa a progresión e xa ten a permanencia a tiro

Meira vs Galdo | ArquivoOs celestes están a dous puntos da permanencia logo de gañar por 0-1 en Viveiro ó Sacido.

 

O Muimenta, aínda que tuteou ó líder, cae ó descenso logo de puntuar Pontenova e Folgueiro.

 

O Galdo perdeu en Meira e queda só cun punto de marxe sobre o perigo.

 

O Celta Barreiros continúa a sumar e iguala moito a loita pola permanencia no grupo norte da Segunda Autonómica. Os celestes impuxéronse por 0-1 ó Sacido e con 15 puntos, quedan a só 2 dos postos que garanten a categoría a vindeira campaña. Os barreirenses levan un 2012 moi positivo, con catro empates e dúas victorias nos seis encontros disputados no ano. O Sacido queda décimo (24), sete puntos por enriba do descenso. Os viveirenses levan dúas derrotas consecutivas tras as dúas victorias acadadas anteriormente.

 

O Muimenta (16), ocuparía nestes intres o segundo posto de descenso a Terceira Autonómica. Os chairegos caeron por 4-3 en Paraños ante o Rioaveso pero mostraron unha boa imaxe, nun encontro no que Rafa Ovejero debutou con gol nos de Somoza. O Muimenta levaba tres xornadas seguidas empatando. Tamén descendería por arrastres de categorías superiores a UD Folgueiro (17). Os de Guillermo empataron a 1 en Boavista ante o Cospeito e encadearon así a terceira xornada sen perder. Nas últimas seis xornadas os do Vicedo sacaron 9 puntos de 15. O Cospeito é noveno (25) logo de empatar os últimos 5 encontros.

 

O Spórting Pontenova (17) mantería a categoría polo golaverage cos vicedenses. Os de Dani Moirón empataron no difícil campo das Valgas nun encontro no que sacaron o máximo partido ás súas ocasións en ataque. Os gualdinegros aínda non gañaron no 2012. Un punto por enriba dos pontenoveses está o Galdo (18), que caeu en Meira por 2-0 e suma só un punto no presente ano, no que xogou seis encontros. A domicilio o Novas Raíces só gañou o derbi ante o Sacido na segunda xornada (0-2).

 

O Parga protagonizou a sorpresa da xornada ó gañar na Liga por 1-2.Os guitiricenses quedan undécimos con 23 puntos tras esta victoria. Os vermellos sumaron 4 puntos no último mes contra catro dos seis primeiros clasificados.