Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

O Muimenta colle aire

Celta Barreiros vs Matela desta tempada | admatela.blogspot.comOs chairegos impuxéronse ó Folgueiro e saen do descenso, que deixan a 1 punto.

O Celta Barreiros continúa sumando e xa está a 1 só punto da permanencia.

O Galdo, que está a sufrir unha caída en picado, baixaría a Terceira logo de perder e empatar o Spórting Pontenova.

 

A SD Muimenta (19) impúxose por 1-0 ó Folgueiro e sae con estes tres puntos dos postos de descenso. Os chairegos levaron o gato á auga nun encontro moi igualado, no que sumaron o terceiro resultado positivo consecutivo no seu feudo. Dos últimos cinco encontros os de Somoza só perderon un (pola mínima no feudo do líder Rioaveso). Pola súa banda o Folgueiro queda na penúltima praza (17) a un punto da salvación tras poñer fin a 3 xornadas consecutivas puntuando.

 

Na última praza continúa o Celta Barreiros, que xa ten a permanencia a só 2 puntos. Os mariñáns empataron ante o Guitiriz sen goles nun encontro no que volveron a pecar de falta de acerto nos metros finais. Os celestes suman xa sete xornadas consecutivas sen perder, nas que acadaron 11 puntos dos 21 en xogo.

 

Quen continúa nunha dinámica moi negativa é o Galdo, que caeu no seu feudo por 0-2 ante o Santaballés. Os viveirenses están no decimocuarto posto (o de descenso por arrastres), con 18 puntos. O Novas Raíces leva cinco derrotas consecutivas, e no 2012 só acadou un punto de 21. Cos mesmos puntos que os de Viveiro está o Spórting Pontenova, que empatou a 1 na Mina ante o líder Rioaveso. Os gualdinegros  suman dous empates consecutivos ante equipos na loita polo ascenso logo de cinco derrotas consecutivas.

 

Nunha zona máis cómoda queda o Parga (23), cinco puntos por enriba do descenso. Os vermellos perderon no Suso Cruz por 1-2 ante o Iberia nun encontro moi igualado, pero sumaron a segunda derrota consecutiva no seu feudo. Os guitiricenses levan tres semanas consecutivas nas que os seus encontros acaban 1-2 (en Santaballés gañaron, e perderon ante Meira e Iberia). Un punto máis ten o Sacido, que caeu por 2-1 en Cospeito. Os visitantes maquillaron o marcador no último minuto nun encontro no que os chairegos foron superiores. O Sacido suma tres derrotas consecutivas e o Cospeito, con 28 puntos encadea sete xornadas sen perder, nas que acadou 5 empates e dúas victorias.