Charlas Online, Entrevistas

Os equipos da cabeza puxéronse as pilas tra-las sorpresas da pasada xornada
Os 5 primeiros clasificados da Terceira Autonómica Norte gañaron os seus encontros e as distancias continúan sendo as mesmas.
Só se marcaron once goles nos sete encontros disputados.
O Catro Roldas, pese a descansar, continúa nos postos de ascenso, con 2 puntos de marxe sobre o San Román, cuarto.
O Codesido deu a sorpresa ante o Ourol
Os branquiazuis impuxéronse por 2-0 e subiron un chanzo na clasificación.
O Roupar tamén gañou á UD Lugo e aúpase ata o décimo posto, superando ó Abadín, que caeu ante o San Román.
Só os dous equipos da zona baixa da clasificación que gañaron conseguiron ver porta nesta xornada.
A Comercial ten a quinta metida
Os vermellos superaron ó Rubián e teñen ó Sagrado Corazón a cinco puntos e cun encontro menos.
Os branquiazuis empataron ante a Sarriana pero abriron fenda co cuarto.
O Arenas perdeu no Corgo e desaproveitou unha oportunidade de afianzarse entre os tres primeiros.
O Corgo sorprende ó Arenas
Os corgueses venceron por 3-2 ó terceiro clasificado e suman a quinta victoria da campaña.
O Oural impúxose por 1-5 ó Garabolos e afiánzase na undécima praza logo do empate do Pradeda e a derrota do Lucense.
Río Sil e Paradela igualan e continúan na zona morna da táboa.
O Catro Roldas recupera a segunda praza
Dos 7 primeiros clasificados, só gañaron os vilalbeses e o Mondoñedo.
O San Ciprián empatou en Momán e continúa na cabeza sen coñecer a derrota.
O San Román está a catro puntos do ascenso con un encontro menos que os tres primeiros clasificados.
Momán e Roupar tutean ós xigantes da categoría
Ambos equipos empataron a 1 ante os dous primeiros clasificados ata a pasada xornada.
O Goiriz aséntase na zona media logo de impoñerse ó Abadín.
Cazás e Muralla B empatan sen goles e continúan separados por 2 puntos na clasificación.
Tourón é novo xogador da Sarriana
Humberto Tourón é a última incorporación da Sarriana. O central natural da vila de Sarria regresa ó conxunto branco, no que xa militou nunha etapa anterior.