Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

Só Paradela e Oural logran puntuar na zona baixa

Lance do Corgo vs Quiroga desta tempada | arquivoOs paradelenses impuxéronse ó Rubian e afiánzanse na décima praza.

O Oural desfíxose do Corgo, ó que deixa a 6 puntos na clasificación.


O Pradeda plantoulle cara ó líder Sagrado Corazón, pero o maior pundonor dos da capital acabou por decidir o encontro.


O Paradela aséntase na zona media da clasificación (24) logo de impoñerse ó Rubian por 3-1. Os do Gandarón, que volvían ó seu feudo tras un mes de competición a domicilio, suman así 3 xornadas sen perder, nas que acadaron 7 puntos que lles fan subir postos na clasificación. A outra victoria dos máis humildes do grupo sur de Terceira Autonómica protagonizouna o Oural, que se impuxo ó CD Corgo por 4-3. Os cementeiros suman 21 puntos e deixan ós corgueses con 15. Ámbolos equipos son os máis goleados do campionato, con 44 e 47 goles encaixados, respectivamente. O Corgo queda con 15 puntos na decimocuarta praza, a 5 do Pradeda e 7 por enriba do Garabolos.

Precisamente os capitalinos caeron no derbi ante a Comercial por 3-0, nun encontro no que os amarelos deron a cara ante un rival superior. O Garabolos é decimoquinto, con 8 puntos tras cinco derrotas consecutivas. Na última praza está unha semana máis o Laxosa (7). Os corgueses caeron por 3-0 na Carqueixa ante o Río Sil e xa suman 14 das 19 xornadas disputadas sen marcar. A domicilio aínda non foi quen de puntuar o conxunto laxosense.

O Pradeda é decimoterceiro (20), tras caer por 3-2 nas Gándaras ante o líder Sagrado Corazón. Os corgueses plantáronlle cara ós branquiazuis, e conseguiron adiantarse no marcador, pero ó remate do encontro, impúxose o maior empuxe dos locais. O Pradeda continúa dando mostras de progresión e sumou a novena xornada consecutiva na que se non puntua, só perde por un gol, o que dá mostra do espíritu do equipo, que pese a non xogarse xa nada a estas alturas, continúa loitando polos puntos.

O Lucense, undécimo (21) caeu no Luís Bodegas anteo Arenas por 2-0. Os da capital, que pese a estar facendo un moi bo comezo de 2012, aínda non gañaron a domicilio, onde só conseguiron igualar en Quiroga e Oural.

O San Lázaro cae dúas prazas, ata o noveno posto, logo de perder pola mínima na Ponte ante a Sarriana. Os branquiazuis, con 25 puntos, sumaron só 4 puntos nas últimas catro xornadas, que disputaron todas no seu campo.