Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

Tourón é novo xogador da Sarriana

Tourón co Trasnos FV | ArquivoHumberto Tourón é a última incorporación da Sarriana. O central natural da vila de Sarria regresa ó conxunto branco, no que xa militou nunha etapa anterior.

Tourón militaba na actualidade no Trasnos FV, equipo de veteranos creado a tempada pasada, e co cal se proclamou campión de Liga e Copa, ademáis de acadar o ascenso a Primeira División de veteranos.
Nado en Sarria o 27-05-1975, militou entre outros equipos na Sarriana, en Rexional Autonómica, ás ordes de Charly, actual adestrador do RC Vilalbés. Lemos, Vilalbés e Páramo son outros dos conxuntos nos que xogou o central sarriao..
Tourón xa debutou na última xornada de liga, competición na que a Sarriana se encontra inmersa na loita polo ascenso á 2ª Autonómica.