Charlas Online, Entrevistas
A Comercial ten a quinta metida
Os vermellos superaron ó Rubián e teñen ó Sagrado Corazón a cinco puntos e cun encontro menos.
Os branquiazuis empataron ante a Sarriana pero abriron fenda co cuarto.
O Arenas perdeu no Corgo e desaproveitou unha oportunidade de afianzarse entre os tres primeiros.
A SG Comercial prolongou a súa boa xeira ó gañar por 2-4 no Poste ó Rubián nun encontro visto para sentenza tra-los primeiros 45 minutos, nos que os visitantes vencían por 0-4. Os vermellos (43) metéronse en postos de ascenso (cun encontro menos) con estes tres puntos. O equipo capitalino suma sete victorias consecutivas e non perde dende a novena xornada, cando caera co Arenas por 1-0. O Rubián queda oitavo (28) tras encadear a segunda derrota consecutiva logo de tres victorias.
Precisamente o Arenas(41) abandonou os postos de privilexio tras caer por 3-2 no Corgo. Os locais fixeron un moi bo encontro e deixaron ós gualdinegros a 2 puntos do ascenso e coa terceira derrota do campionato ás costas. O conxunto de Monforte levaba seis xornadas sen perder, se ben é certo que nelas só conseguira 3 victorias.
No outro encontro destacado da xornada enfrontábanse na Ribela o primeiro e o terceiro clasificado. Ó final dos 90 minutos, táboas a 2 tantos entre Sagrado Corazón (48) e Sarriana (43). Os capitalinos adiantáronse por dúas veces no marcador, pero non lograron levar os tres puntos. O Sagrado Corazón é líder con 7 puntos de vantaxa co cuarto clasificado e aínda non coñece a derrota no campionato. A Sarriana ocupa a terceira praza, con dous puntos de marxe co Arenas, tras sumar só 7 dos últimos 15 puntos en xogo. Sagrado Corazón e Sarriana teñen o golaverage particular empatado. O xeral beneficia ós capitalinos por 17 goles de diferenza.
O Quiroga ocupa a quinta praza (32) tras igualar tamén a 2 en Pradeda. Os verdes quedan a 11 puntos do ascenso (cun encontro menos), logo de acadar só 5 puntos nas últimas 7 xornadas. O Chantada Atl. (30) goleou por 5-1 ó Laxosa e sitúase sexto. Os albivermellos encadean seis xornadas sen perder e nas dúas últimas sumaron os seis puntos en xogo. No Sangoñedo só foi quen de gañar o San Lázaro na segunda xornada (3-4).
Precisamente o San Lázaro ocupa a sétima praza (28) tras impoñerse ó Lucense por 1-2 no derbi da capital. Os da Ponte levaban tres xornadas sen gañar, nas que só acadaran un punto e encadearon así a segunda victoria consecutiva a domicilio, onde sacaron 15 dos seus 28 puntos.
Na próxima xornada xogaranse os seguintes encontros: Río Sil – Chantada Atl., Laxosa – Pradeda, Oural – Rubián, Comercial – Paradela, Quiroga – Sarriana, Sagrado Corazón – Lucense, S. Lázaro – Corgo e Arenas – Garabolos.
