Charlas Online, Entrevistas

O Vilalbés non pode fallar para continuar entre os 4 primeiros
O Rácing Vilalbés afrontará o encontro fronte o Vilalonga o próximo domingo ás 16:00 na Magdalena coa necesidade de sacar os 3 puntos en xogo para non abandonar os postos de promoción de ascenso.
O Vilalbés cede o liderato con polémica arbitral
O Rácing Vilalbés perdeu o liderato da Terceira Galega tras caer por 1-2 na Magdalena fronte ó CD Ourense, agora primeiro clasificado. Os chairegos acabaron moi descontentos coa actuación arbitral, e incluso o preparador local Charlie chegou a dicir que “en el fútbol hay corrupción y la Tercera Gallega está adulterada”. (imaxe do encontro da pasada campaña, de laregion.es)
Pasarón pode cambiar o obxectivo do Vilalbés
O Rácing Vilalbés xa non é a revelación da categoría. É a realidade. Semana tras semana, os de Charlie van pasiño a pasiño agrandando, ou cando non é así, mantendo a distancia co quinto clasificado na Terceira Galega máis competida da historia. Equipos como o Cerceda, Pontevedra, Ourense, Deportivo B ou Rácing de Ferrol teñen que mirar para arriba na clasificación e ver a un conxunto humilde coas ideas moi claras e con moito traballo detrás duns resultados que xa non sorprenden a ninguén.
Nico espantou as pantasmas da Magdalena no desconto
O Rácing Vilalbés volveu gañar por 3-1 fronte o Xuventú Sanxenxo (foto de El Progreso) na Magdalena tras o traspés fronte o Deportivo B por 0-4. Os de Charlie son máis líderes logo de que o Pontevedra non pasase do empate nas Eiroas, aínda que o Ourense si que venceu con sufrimento por 1-2 nas Pontes.
A grandes males, grandes remedios
O Rácing Vilalbés desquitouse da goleada recibida na última xornada de mans do Deportivo B (0-4) con outro 0-4, pero desta vez a favor, diante do Betanzos CF (imaxe do encontro, DXT). Erni, con 2 tantos, gañoulle a batalla de artilleiros a Felipe, un dos mellores goleadores da Terceira Galega.
O Rácing VIlalbés perde o segundo encontro na Magdalena
O Rácing Vilalbés rompeu coa súa dinámica positiva tras perder o seu segundo partido da tempada, desta vez fronte o Deportivo B. Os de Tito Ramallo pasaron como unha apisonadora sobre os da Magdalena endosándolles un 0-4, con 2 tantos nos primeiros 20 minutos.
O Rácing Vilalbés comeza a crelo
O Rácing Vilalbés conseguiu a súa cuarta victoria consecutiva diante dun dos cocos da categoría, como é o CCD Cerceda. O equipo de Charlie xogou un encontro moi serio no Roxo e venceu así o segundo partido da semana a domicilio despois de vencer ó Rácing de Ferrol na ponte do Pilar. Os de Charlie seguen líderes, con 24 puntos, seguidos a 2 polo Pontevedra CF.