Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

O Vilalbés cede o liderato con polémica arbitral

imaxe vilalbés ourenseO Rácing Vilalbés perdeu o liderato da Terceira Galega tras caer por 1-2 na Magdalena fronte ó CD Ourense, agora primeiro clasificado. Os chairegos acabaron moi descontentos coa actuación arbitral, e incluso o preparador local Charlie chegou a dicir que “en el fútbol hay corrupción y la Tercera Gallega está adulterada”. (imaxe do encontro da pasada campaña, de laregion.es)

Formacións:

RC VILALBÉS: José Ángel; López, Roberto Prieto, Borja, Chavea (Hugo); Vicente (Félix), Pablo; Poratti, Justino, Rafita; Erni.

OURENSE: Pato, Josu, Campillo, Padrón, Claudio, Mouriño, Yebra, Mathew (Borja), Álex (Isma), Noguerol (Veloso) e Éder.

Goles: 0-1 Álex, 1-1 Rafita, 1-2 Mouriño

 

O Rácing Vilalbés, nun gran encontro, non puido cun Ourense que fixo gala da súa efectividade de cara ó gol na Magdalena. Preto do descanso Álex adiantaba ós visitantes cunha volea dende fóra da área tras un saque longo do porteiro visitante. Pero ó pouco da reanudación Rafita poñía as táboas acadando o seu sétimo tanto da tempada. Nunha segunda metade de monólogo dos locais, Adrián Mouriño aproveitaba unha das poucas chegadas ourensanistas tras unha perda de balón de Borja para poñer o 1-2 definitivo no minuto 81. Ó comezo do encontro, o árbitro non sinalou un posible penalti que acarrearía a expulsión do xogador visitante, nunha acción moi protestado pola afección chairega, tras un derribo de Justino na área ourensanista. Un gol anulado a Erni e un fora de xogo sinalado a Justino tamén encenderon os ánimos locais.

No seu perfil persoal nunha coñecida rede social, o preparador do Vilalbés, Carlos Alberto Díaz, Charlie, criticou duramente a actuación do trío arbitral. "Por que tratan los árbitros así al Rácing Villalbés? Están jugando con la ilusión y el trabajo de mucha gente. Deportivamente podemos competir con equipos con mucho nombre pero extradeportivamente no nos están dejando.”

Ademáis, Charlie, que foi expulsado na primeira metade do encontro, fixo a través desa canle unhas insinuacións moi graves: “Lamentablemente en el fútbol hay corrupción y la Tercera División gallega está adulterada. Tienen que quedar arriba los que tienen que quedar? Sí...”, conluíu o preparador chairego.

Tras esta derrota, o Rácing Vilalbés queda segundo clasificado, con 38 puntos, a 1 do CD Ourense e un por enriba do Cerceda, terceiro. Os chairegos teñen o quinto posto a 5 puntos, pero o seu inquilino, o Deportivo B, ten pendente o encontro desta xornada, que o disputa o xoves ás 17.00 h. no Mundo do Fútbol fronte o Cultural Areas.