Charlas Online, Entrevistas
O Vilalbés non pode fallar para continuar entre os 4 primeiros
O Rácing Vilalbés afrontará o encontro fronte o Vilalonga o próximo domingo ás 16:00 na Magdalena coa necesidade de sacar os 3 puntos en xogo para non abandonar os postos de promoción de ascenso.
Os de Charlie non poderán contar con Roberto Prieto, que foi expulsado no Morrazo ante o Alondras a pasada xornada, nun encontro no que os chairegos caeron con claridade por 4-1. Tampouco estará no Vilalbés Make, lesionado de longa duración. É incógnita o concurso de Borja e López, que en Cangas non estiveron tampouco por lesión. O Rácing sumou só 2 dos últimos 12 puntos en xogo e caeu ata o cuarto posto, con 39 puntos, 2 por enriba do Pontevedra.
O Vilalonga chega a Vilalba na metade da táboa tras dar a sorpresa ó vencer ó Rácing de Ferrol a pasada xornada por 1-0. Os celestes chegarán á Magdalena sen o arxentino Garaycochea, sancionado. Os pontevedreses non gañan a domicilio dende o 16 de outubro, cando se impuxeran no Manuel Anxo Cortizo ó Lalín por 0-1.
