Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

O CD Lugo rematará a fase polo título da Liga Galega Infantil fronte a Celta e Deportivo

Momento do sorteo | www.pabelloncf.comA Federación Galega de Fútbol sorteou nas pasadas horas os calendarios da segunda fase do campionato galego na categoría infantil. Os nove primeiros clasificados, tanto do grupo norte, como do sur, integraranse nun e disputarán unha liga a unha volta para dilucidar o campión galego na categoría. Os 9 peores equipos da primeira fase en cada grupo seguirán divididos en dous grupos de 9, que xogarán unha liga a dobre volta (en cada grupo), e dela sairán os dous descensos do grupo norte e os dous do grupo sur.


Dos cinco equipos lucenses só o CD Lugo loitará polo título da competición. Os albivermellos xogarán nove encontros como visitantes e oito como locais, xa que así lle correspondía por quedar clasificado entre o quinto e o noveno posto no seu grupo. Os catro primeiros clasificados de cada grupo e o mellor quinto (A Seca), xogarán 9 encontros como locais e 8 como visitantes. Os de Diego Cabo e Fiz Rodríguez comezarán o campionato o día 4 de febreiro recibindo ó Ural nas Gándaras. Nas dúas últimas xornadas, o CD Lugo recibirá ós dous favoritos polo campionato: Na decimosexta xornada (26 de maio) visitirá terras lucenses o RC Celta e na decimosétima os albivermellos xogarán en Abegondo fronte o RC Deportivo (o 2 de xuño).

Play-out polo descenso
Os nove peores clasificados de cada grupo continuarán divididos en 2 e xogarán unha liga a dobre volta. Na zona norte participarán 3 lucenses (Residencia, Milagrosa e Viveiro) e na sur xogará o Calasancio