Charlas Online, Entrevistas
CD Lugo e Calasancio deron un paso firme para acadar a permanencia
CD Lugo e Calasancio acadaron dúas victorias na última xornada dos campionatos de División de Honra e Liga Nacional xuvenil. Os de Miguel García impuxéronse ó Perines por 3-1 e os monfortinos venceron pola mínima ó Arosa (1-0). Na vindeira xornada, os capitalinos visitarán o Santillana del Mar, para medirse á Gimnástica de Torrelavega e o Calasancio xogará nas Eiroas fronte o Bergantiños.
O CD Lugo, con 31 puntos e coa permanencia practicamente no peto, logo das últimas dúas victorias acadadas ante rivais directos, como Perines e R. Oviedo, visita o domingo (12:30) á Gimnástica de Torrelavega. Os de Miguel García, oitavos clasificados, están a 10 puntos do terceiro posto, que ocupa o Rácing de Santander (que xoga nesta xornada contra o indiscutible líder Spórting). Os dous mellores terceiros clasificados dos 7 grupos xogan a Copa do Rei. Para o encontro en terras cántabras, Miguel García conta ademáis dos lesionados, coa baixa de Jhonny (ó que a RFEF lle impuxo unha sanción de 4 encontros hai dúas semanas, por agredir a un xogador do Oviedo). A Gimástica conta con 24 puntos na clasificación (9 por enriba do descenso) e vén de sumar 3 victorias consecutivas, ante Bansander e Conxo a domicilio e na casa ante o Pabellón. Os cántabros, que non poderán contar con Juan Cobo tras ser expulsado na última xornada, perderon 4 dos dez encontros disputados no seu feudo. No partido disputado en Lugo, os albivermellos venceran por 2-1.
O Calasancio pola súa banda, vén de vencer (1-0) a un rival directo pola permanencia como é o Arosa. Os de Marcos Vázquez quedan así décimos, con 23 puntos, 5 por enriba do descenso. No campo dos Escolapios só foi quen de vencer o Areosa (2-4) e o Celta (0-4). Na próxima xornada, os vermellos visitan o sábado a partir das 17:00 as Eiroas para medirse ó Bergantiños. Os coruñeses son penúltimos con 14 puntos e veñen de caer ante o Victoria por 2-0. O Bergan leva catro xornadas sen coñecer a victoria, nas que só sumou un punto. Márcos Vázquez non poderá contar con Borjita por acumulación de cartóns.
