Joomla Templates and Joomla Extensions by JoomlaVision.Com
  • Charlas Online, Entrevistas

O 'profesor' Valerón expón nun libro a súa visión sobre o talento no fútbol

altO pasado luns presentouse na cidade da Coruñao novo libro de Javier Lavandeira e Juan Carlos Valerón, “El entrenamiento del fútbol ofensivo”.

Javier Lavandeira é adestrador das categorías inferiores do R.C Deportivo da Coruña e profesor do Curso de Adestradores da escola da entidade Herculina. Lavandeira coincidiu con Valerón en dito curso (no que o canario era un alumno máis) e a partir de ahí forxaron unha relación que desembocou neste libro, que segundo os autores pretende ser "unha invitación á reflexión e non unha teoría inamovible sobre o adestramento do ataque no fútbol". No libro, o futbolista de Arguineguín, como un dos máximos expoñentes do talento no mundo futbolístico atrévese a dar a súa particular visión sobre este concepto.

Toda a info sobre este a publicación está dispoñible no blog www.futbolofensivo.com. Futbollucense.com sorteará o vindeiro día 11 de decembro entre os amigos das redes socias un exemplar do libro. Infórmate das bases aquí.