Charlas Online, Entrevistas
Modesto non aterrará no fútbol lucense
Modesto, xogador nado no Concello de Guitiriz, non chegará finalmente ó fútbol lucense e continuará o seu periplo no fútbol coruñés. O Sporting Sada é o conxunto co que vén de comprometerse. O xogador rexeitou varias propostas de conxuntos lucenses que se mostraban moi interesados na súa incorporación.
Modesto recibira nas últimas datas varias ofertas de conxuntos lucenses para volver ó fútbol provincial, o cal abandonou ó saír do Racing Vilalbés para incorporarse precisamente ó Sada. Esta será a súa segunda etapa no club. Dorneda e Soneira foron outros dos conxuntos nos que militou nas últimas tempadas.
O seu debut non se producirá nesta xornada, na cal o Sada visita ó Arteixo. O conxunto sadense marcha como líder destacado e sólido na Primeira Autonómica e ten todos os números para regresar a tempada que vén á Rexional Autonómica.
