Charlas Online, Entrevistas
O presidente do Muralla dá por resolto o problema dos impagos da mutualidade
O Presidente do Atlético Muralla e a UD Lugo, Rafael González Rodríguez, confirmou este martes a futbollucense.com que “están todos los problemas resueltos”, no tocante ó pago do 40% da mutualidade dos xogadores do Muralla, Muralla B e UD Lugo que tiñan que facer as entidades antes do 15 de decembro e que non fixeron.
Esta situación provocou que a Federación Galega de Fútbol emítise un comunicado a pasada semana dando a coñecer a decisión do organismo federativo de “anular todas as fichas dos equipos e prohibir a inscripción de novos xogadores ata que se resolvesen as débedas”, que ascendían a 1576 euros no caso do Muralla, e a 907 no da UD Lugo.
Rafael González aclarou que “el Muralla jugará el sábado a las cuatro en el López Gorgoso ante el Palas y la UD Lugo a las 6 ante el Ourol”. González non se referiu en ningún momento ó Muralla B.
Ademáis, o presidente das entidades sinalou que darán todas as explicacións oportunas o xoves nunha conferencia de prensa, á que xa nos emprazara na fin de semana para “el martes o el miércoles, probablemente en un lugar grande, como puede ser la Cámara de Comercio, para que coja todo el mundo que quiera ir”. Segundo explicou o propio González este martes, “tendremos la rueda de prensa el próximo jueves a las ocho de la tarde en el Hotel San Lázaro, en principio, pero aún no lo tenemos cerrado”. O presidente das entidades emprazounos a unha nova conversa este mércores para confirmar finalmente o lugar e a hora da conferencia.
Futbollucense.com tentou poñerse en contacto coa FGF para confirmar se se resolveran todas as incidencias, tal e como asegurou Rafael González, pero non conseguiu contactar con ningún dos seus membros.
