Charlas Online, Entrevistas
O Ribadeo comeza a ver a luz ó final do túnel
Os de Vilachá impuxéronse ó Viveiro e están en virtual permanencia.
No outro derbi, o Xove venceu en Foz e deixa ós de Molo pechacancelas en solitario.
O Chantada deixou escapar unha boa oportunidade de achegarse ós postos altos tras empatar no Sangoñedo ante o Xallas.
Ó Ribadeo gústanlle os derbis. Por segunda xornada consecutiva sacou os tres puntos fronte a rivais da provincia. O equipo celeste venceu en Cantarrana con dous tantos de Chinco, que culminaron a remontada dos visitantes a un golde Juanjo na primeira metade. O Ribadeo (19), ten un punto de marxe co Unión de Asados, tras acadar os seis últimos puntos en xogo. Pola súa banda, o Viveiro, que continúa moi irregular en Cantarrana, deixa o descenso a só 3 puntos, logo de sumar 1 dos últimos 15 en xogo.
No outro derbi provincial, o Xove Lago impuxose ó Foz por 1-3 e deixa ós de Molo pechacancelas en solitario, con 10 puntos, a 10 da permanencia. Os verdes, con máis acerto no ataque, sumaron os tres puntos, para situarse a 7 da permanencia. O Xove volve gañar tras tres xornadas perdendo, pola súa banda, o Foz suma 5 derrotas consecutivas.
O Chantada desperdiciou a oportunidade
A SD Chantada non pasou do empate sen goles ante o Xallas no Sangoñedo. Os de Carolo, que puideron levar os tres puntos no desconto cunha ocasión moi clara de Brais, que sacou un xogador visitante na liña de gol, son sextos, con 35 puntos. Os chantadinos quedan a 9 puntos do segundo e o terceiro posto e suman 4 xornadas sen perder, nas que acadaron 8 puntos de 12. No Sangoñedo o equipo vermello sumou tres empates nas tres últimas xornadas.
Na próxima xornada Xove Lago e Viveiro protagonizarán un novo derbi no Municipal xovense. O Ribadeo recibirá ó Santa Comba, o Foz visitará ó Xallas e o Chantada ó Dumbría. Completan a vixesimosegunda data do campionato o Laracha – Soneira, Narón – Galicia Mugardos, Bertamiráns – Grixoa, Compostela – O Val, Boiro – Dubra e Unión de Asados – Santiago.
