Charlas Online, Entrevistas
Un novo derbi agónico na mariña
Xove Lago e Viveiro enfrontaranse o domingo ás 16.30 no Municipal xovense, nun encontro no que ambos equipos chegan con moitas urxencias. Aínda que o Viveiro está 3 puntos por enriba do descenso, a súa dinámica é moito máis negativa que a do Xove Lago, que se encontra a 7 da permanencia.
Os viveirenses, que veñen de sumar un único punto nas últimas 5 xornadas, non poderán contar para o encontro con Rego, que foi expulsado no pasado encontro ante o Ribadeo. Así as cousas, Chano terá que restruturar a zaga para tentar coller aire na clasificación con 3 puntos a domicilio, algo que non acadan os viveirenses dende o 30 de outubro, cando se impuxeron por 1-2 ó O Val. O Xove Lago chega ó encontro cun plus de motivación, tras impoñerse na última xornada ó Foz por 1-3 e sair do faroliño vermello. Se o Viveiro só acadara un punto dos últimos quince en xogo, os verdes fixeron a maioría (7) dos 13 cos que contan nos últimos cinco encontros. Gayol contará con todos os seus xogadores agás os lesionados de longa duración e hipotéticas baixas de última hora.
O pechacancelas Foz (10), visita o campo do Xallas, situado no undécimo posto con 29 puntos. Os de Molo, que veñen de sufrir un mazazo coa derrota na pasada xornada ante o Xove Lago, tentarán sumar os tres puntos na Fontenla o domingo a partir das 16.30, para tentar achegarse ós postos de salvación, que agora mesmo teñen a 10 puntos. Os albivermellos, salvo baixas de última hora, contarán cos xogadores dispoñibles nos últimos encontros. O Xallas afronta o encontro con dúas baixas importantes na defensa. Non estarán Rubio nin Forján por sanción. O equipo de Santa Comba leva catro encontros sen gañar no seu feudo e o Foz aínda non puntuou lonxe do Martínez Otero.
O Ribadeo (20), que saiu do descenso por primeira vez na campaña na pasada xornada, recibe ó Santa Comba, sétimo clasificado, con 34 puntos. Os de Vilachá tentarán sumar os 3 puntos logo de sacarse na última xornada no Pepe Barrera o lastre de non vencer na casa no que ía de campionato. Os celestes sumaron os últimos 6 puntos en xogo nos dous derbis, ante Foz e Ribadeo, e o Santa Comba aínda non puntuou no 2012. Os santiagueses levan un único punto dos últimos quince en xogo. Agás os lesionados de longa duración, en ningún equipo hai baixas salvo novidades de última hora.
O Chantada, quinto con 35 puntos visita ó Dumbría o domingo a partir das 5 da tarde. Os de Carolo, que non coñecen a derrota no 2012, tentarán prolongar a súa xeira no municipal dumbriés o domingo ás 17:00. Os chantadinos non poderán contar con Josiño por acumulación de amonestacións e nos locais, estarán á disposición de López Canosa todos os seus xogadores. O Dumbría é duodécimo con 28 puntos. Os brancos no seu campo estans e a mostrar moi sólidos. No Municipal só gañou o Bertamiráns, por 1-4.
