40 futbolistas perderanse a xornada no fútbol provincial
A Federación Galega de Fútbol deu a coñecer este xoves as distintas sancións nas competicións do fútbol disputadas integramente na provincia de Lugo. Un total de 4 xogadores na Primeira Autonómica, 21 na Segunda, 13 na Terceira e 2 na Autonómica Cadete non poderán disputar os encontros desta fin de semana cos seus equipos.
En Primeira Autonómica Brais, do CD Castro, non poderá estar ás ordes de Marcos Veiga o domingo ás 16:00 na Medela ante o Taboada tras ver o quinto cartón amarelo na pasada xornada ante o Alfoz. Tampouco estará Fontao no Xermade, no encontro que enfronta ós de Felipe Mieres ante o Riotorto na Veiga á mesma hora. Juan Manuel (Ferreira) non disputará o Lourenzá – Ferreira logo de ser expulsado ante o Lemos, nin Iván (Portomarín) o Residencia – Portomarín, por ver a quinta amarela fronte o pasado domingo no Hermanos Somoza ante o Bóveda.
En Segunda, no grupo norte o Meira non poderá contar con Mariñeiro, o Iberia con Xaco e a Rubén, O Rioaveso con Bruno nin de Manolo e Sacido con Valledor e Felipe. Tampouco o Folgueiro poderá contar con Orlando e a Candelaria con Saúl e Óscar López. No grupo sur no Calasancio non estarán Dafo nin Blanco, no Sober Adrian Saa, no Antas Xurxo e Vitinho e no Becerreá Hugo. Tampouco xogarán na fin de semana Rubén no Guntín, Antas e Javi no Monterroso e Richard e Antonio no Castroverde.
Terceira
No grupo norte de Terceira Autonómica non disputarán a xornada Simón no San Román, Pintor na UD Lugo, Lisandro no Muralla B, e Regeira no Abadín. Foron suspendidos con 4 encontros Andrés no Luís Pimentel e Rubén no Abadín por “agredir a outro sin causar lesión estando o xogo detido”. No grupo sur non poderán disputar os próximos encontros dos seus equipos Óscar co Garabolos, Diego co Pradeda, Cela co Lucense, Diego coa Comercial e Lage co Laxosa. Foi suspendido con dous encontros Manuel, do San Lázaro, por unha vez expulsado “provocar a animosidade do público sen conseguilo”.
Na Liga Autonómica cadete foi sancionado con 4 encontros José Jiménez, por “agredir a outro sen causar lesión, estando o xogo detido”. Fran Chao, do Praia de Covas, perderase o seguinte encontro por acumulación de amonestacións.
